Mos
O Concello adquire terreos nas Pozas para dotar a zona de aparcadoiro e futuros novos servizos
A iniciativa, conxunta entre administración local e Comunidade de Montes de Petelos, supón un feito histórico na parroquia
![[Img #23309]](upload/img/periodico/img_23309.jpg)
A Comisión de Gobeno de Mos asume a adquisición de terreos da Comunidade de Montes de Petelos para dotar de servizos e área de aparcadoiro a zona do contorno do centro Multiusos das Pozas. Actualmente nesta zona non hai case lugar onde aparcar e é necesario dotar de prazas de aparcamento o contorno dun edificio tan concorrido e que se atopa ubicado nas Pozas, área que concentra moitas outras dependencias públicas como son o Colexio de Petelos, o IES de Mos, o Pavillón Óscar Pereiro e a Piscina Municipal.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Patrimonio mosense, Camilo Augusto, e o edil de Vías e Obras e natural ademáis da parroquia de Petelos, Luis Alonso, explicaban esta semana que un dos obxectivos desta adquisición é a mellora da seguridade vial para os moitos peóns que a diario transitan pola zona; xa que se nese lugar os vehículos se atopan correctamente estacionados os peón terán un espazo delimitado e seguro por onde camiñar. Xa que este lugar reúne a multitude de veciños e veciñas de tódalas idades, pero sobre todo maiores.
Ademais de dotar de aparcadoiro á zona, nos terreos sobrantes iranse acometendo máis actuacións futuras, todas orientadas a dotar de servizos ó lugar das Pozas. “Os servizos para a cidadanía son e serán para nós a prioridade nesta zona e en toda a localidade”, declararon os representantes municipais, quenes tamén aproveitaron para agradecerlle á Xunta Directiva da Comunidade de Montes de Petelos “a boa sintonía coa administración local demostrada durante todo o proceso, e que facía moito tempo que non se coincidía nunha visión tan global dos intereses comúns dos vecinos, a parroquia e o Concello”.
Arévalo e Augusto manifestáronse tamén “moi contentos pola mellora do contorno que vai supoñer esta adquisición” que, nunha iniciativa conxunta da Comunidade de Montes de Petelos e o Concello, propiciará a construcción de melloras dotacionais (entre as que se atopará a área de aparcadoiro, como xa se dixo) e máis seguras para o contorno do Multiusos.
Esta adquisición realizarase previa aprobación por parte dos comuneiros de Petelos nunha Asamblea Xeral celebrada o pasado sábado, 20 de febrero. Aprobárona por unanimidade dos asistentes, feito inédito nesta Comunidade de Montes. A este respecto rexedora local e edís de Patrimonio e Vías e Obras quixeron “felicitar á directiva da Comunidade por acadar este importante logro para os veciños e veciñas da parroquia de Petelos en particular e de todo o Concello en xeral”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22