Miércoles, 05 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 29 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Abre o prazo para inscribirse nas Escolas Infantís de Mos de cara ó vindeiro curso escolar

Para formalizar a solicitude os pais de nenos de entre 0 e 3 anos deben dirixirse, ata o 24 de marzo, ás escolas da Porteliña ou de Cototorrón

[Img #23311]

 

A concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, informou que está aberto o prazo de inscrición para o curso 2016/2017 nas dúas Escolas Infantís de Mos, a da Porteliña en Petelos e a de Cototorrón en Tameiga.

 

O prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva de praza coma de novo ingreso, rematará o vindeiro día 24 de marzo. Para inscribir ós seus fillos de cara ó próximo curso escolar, os pais de nenos de entre 0 e 3 anos de idade poden dirixirse á calquera das dúas Escolas Infantís de Mos, tanto á da Porteliña coma á de Cototorrón, xa que a lista é conxunta, en horario de mañá de 09.00 horas a 11.00 horas, e de tarde de 15.00 horas a 16.00 horas na de Porteliña; e na de Cototorrón de 07.30 horas a 12.00 horas e de tarde de 15.00 horas a 17.00 horas. E para obter máis información poden tamén chamar por teléfono a calquera dos dous centros, ben ó da Porteliña ó número 986 337 184 ou ben ó de Cototorrón ó número 986 190 998. 

 

Os requisitos necesarios para ser adxudicatario dunha praza nunha das Escolas Infantís mosenses son que o neno a inscribir estea nado no momento da presentación da solicitude, que teña unha idade mínima de tres meses no momento do ingreso e que non teña cumpridos os tres anos de idade o 31 de decembro de 2016.

 

A relación definitiva de adxudicatarios de praza poderase consultar dende o día 30 de maio nas Escolas Infantís tanto da Porteliña como de Cototorrón, así como na páxina web  http://www.igualdadebenestar.org .

 

Os solicitantes admitidos disporán dende o 1 ata ó 10 de xuño para matricularse presentando no centro no que obtivesen praza o impreso de matrícula debidamente cuberto xunto coa documentación prevista.

 

Os horarios das Escolas Infantís son de 7.30 horas ás 20.00 horas e de 7.30 horas ás 17.00  horas, se ben algunha Escola pode modificalo de cara ó vindeiro curso escolar.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.