Salvaterra de Miño
I Ruta da lamprea de Salvaterra
A Unión de Empresarios de Salvaterra (UNES) organiza a I Ruta da lamprea que terá lugar entre o 1 de marzo e o 25 de abril e que pretende enxalzar este prezado manxar.
Unha ruta, na que participan sete dos restaurantes máis coñecidos da vila e que, a día de hoxe, son os grandes referentes para degustar a lamprea en Salvaterra.
Os locais participantes son: A bodega do Juan, A Canuda, A Miña Lareira, Casa Casqueiro, Casa Lino, El Retiro e O Noso Eido. Todos eles ofrecen un menú onde a raíña dos nosos ríos é a gran protagonista. Con opcións que irían dende a lamprea rechea ata a lamprea á Bordalesa, acompañadas de viño, sobremesa, café e licores galegos.
Dende a organización ofrécennos dúas alternativas para gozar deste singular peixe: a primeira sería, ir directamente aos locais participantes (previa reserva) e a segunda, degustar este marabilloso manxar dentro dunha ruta polo concello. Esta última opción ofrece, ademais, o coñecer un pouco mellor o patrimonio etnográfico relacionado coa lamprea, as "pesqueiras" de pedra do río Miño e as "estacadas" de madeira e ferro que son instaladas cada tempada no Tea , a bordo do tren turístico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103