Martes, 25 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 29 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

O Concello do Porriño asegura que asinará nos vindeiros días un convenio co Porriño Baloncesto Base

O acordo permitirá que o PBB poida seguir adiante coa súa actividade

Os 1.200 integrantes do Baloncesto Porriño poderán seguir coa súa actividade logo do acordo impulsado pola alcaldesa, Eva García de la Torre, quen este luns, xunto co concelleiro de Deporte, Manuel Carrera, e o interventor municipal, mantivo unha xuntanza coa xunta directiva do clube.



Na reunión chegouse ao compromiso por parte do goberno local, “o mesmo que asumirá hai meses Eva García de la Torre en persoa cos dirixentes do Baloncesto Porriño”, de asinar o convenio co clube nos vindeiros días, unha vez que quede craro que o mesmo “se axusta estrictamente á legalidade”, explican nun comunicado emitido polo Concello.



Pola súa banda, a directiva do Baloncesto Porriño asume a obriga de buscar patrocinio privado para saldar as débedas que deixou impagadas a anterior xunta directiva cuia xestión foi posta en coñecemento da Xustiza.



A alcaldesa asegura que “mantivo, en todo momento nestos meses, a mesma postura que expuxera no seu día aos representantes do clube: por unha banda respecto absoluto á lei”; disposición, como queda de manifestó neste acordo, de “apoiar sempre” o deporte porriñés en xeral e, agora, ao baloncesto en concreto, e atopar unha solución que, como expuxo Eva García de la Torre, tivo que “seguir o seu proceso para poder adoitar medidas extraordinarias ante unha situación extraordinaria”como a presente.



Foi este o motivo, “e non outro”, polo que o traballo do goberno local para atopar unha saída á complicada situación do Baloncesto Porriño, demorouse máis do "desexado polo Concello e polo clube".



Eva García de la Torre lembrou, ademáis, que os problemas da entidade deportiva nunca tiveron a súa orixe na relación co Concello, senon que son propios do clube. “O que sí ten que ver coa xestión deste goberno é a solución dos mesmos” explica.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.