GALICIA
Ethel Vázquez salienta que as axudas á rehabilitación de vivendas nos camiños de Santiago supoñen "unha oportunidade única"
Vázquez explica que se financiará ata o 35% das obras de restauración, cun máximo de 11.000 euros por inmoble.
![[Img #23346]](upload/img/periodico/img_23346.jpg)
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou esta semana que as axudas á rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago representan unha oportunidade única para mellorar as condicións de vida no rural e dinamizalo. Así o dixo durante a súa participación esta tarde nunha das xornadas organizadas para informar aos veciños dos 18 concellos polos que pasa o Camiño inglés sobre o contido do programa ‘Vivendas do Camiño’.
Ethel Vázquez destacou que este programa supón unha gran oportunidade para a dinamización económica do rural galego e constitúe a maior aposta pola rehabilitación de vivendas no Camiño de Santiago, “que forma parte esencial da identidade de Galicia e é o principal recurso de captación de viaxeiros a nivel internacional que posuímos”.
A conselleira, que estivo acompañada do alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, destacou que a través desta liña de axudas, a Xunta financiará ata o 35% das actuacións, cun máximo de 11.000 euros por vivenda. Ademais, explicou que as subvencións cubrirán as obras destinadas a illar mellor as vivendas da humidade, a mellorar a seguridade ou a facer os fogares máis accesibles.
Segundo explicou, habilitaranse tamén axudas para a restauración de infravivendas rurais, onde se financiará ata o 80% do custo das actuacións (cun máximo de 12.000 € por inmoble).
Na súa intervención, a conselleira asegurou que o seu departamento está a traballar en coordinación coa Dirección Xeral de Patrimonio para que axilicen os informes necesarios para a obtención as axudas.
Ethel Vázquez explicou que as reunóns informativas como as de hoxe pretenden ofrecer información detallada sobre unhas axudas á rehabilitación que traerán máis de 3 millóns de euros de fondos públicos ao rural galego e que inducirá investimentos por valor de 9 M €.
A responsable de Vivenda do Executivo autonómico dixo que “tamén estamos a incidir na posta en valor da paisaxe galega, facendo fincapé na excelencia turística e dámoslle un novo pulo ao noso rural, fixando poboación e traendo riqueza e emprego ás parroquias e vilas polas que discorren os camiños”.
Despois da Visita a Cabanas, o técnicos do Instituto Galego da Vivenda e Solo desprazáronse ata a localidade Pontedeume, e nos vindeiros días as charlas celebraranse en Mesía e Boimorto e no resto municipios polos que atravesa o Camiño Inglés para explicar en detalle estas subvencións.
Dese xeito estanse a manter encontros nos 107 concellos que integran a Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago para presentar as axudas do programa da Xunta, Vivendas do Camiño. Cada semana técnicos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) estanse a desprazar aos distintos concellos situados na traza das rutas xacobeas para impartir charlas informativas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149