Sábado, 01 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 04 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O goberno de Mos cesa as relacións institucionais co grupo GañaMos

A alcaldesa comunicou hoxe en Pleno a interrupción das vías de comunicación cos membros deste partido tras unhas acusacións infundadas e denunciables por parte dos mesmos.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declarou no Pleno celebrado esta mañá no Pazo de Mos, na sesión ordinaria do mes de febreiro; a retirada de toda relación institucional, entre ela mesma como rexedora local e do resto dos membros do equipo de goberno local, cos integrantes do grupo municipal GañaMos.


Dito cese das relacións institucionais entre o goberno e este partido en concreto da oposición ven motivado polas falsas acusacións que este último verqueu nas súas redes sociais, acusando á alcaldesa e concelleiros/as do Partido Popular de “políticos clientelares adicados ás prácticas mafiosas e corruptas alonxadas da transparencia e a claridade”.


Arévalo e os demais edís populares cosideran “denunciables” ditas acusacións, polas cales retiran toda vía de diálogo cos membros do grupo GañaMos e restrinxirán a comunicación cos mesmos a momentos puntuais e nos casos estrictamente necesarios.


Así mesmo, as preguntas formuladas por GañaMos durante as sesións plenarias –no punto de rogos e preguntas do orde do día- lles serán respostadas polo grupo de goberno por escrito, sempre dentro da legalidade pero sen abrir vías de comunicación con este partido, xa que os dirixentes municipais as consideran inmerecidas.
Dende a incursión desta nova forza política na Corporación Municipal, tras os comicios electorais locais do pasado mes de maio de 2015, o equipo de goberno do PP, con Nidia Arévalo á cabeza como alcaldesa, sempre mativo unha actitude dialogante e en busca de consenso con todos os grupos da Corporación. Relación que se mantivo ata a data de hoxe, con motivo das acusacións infundadas e moi graves realizadas recentemente polo partido GañaMos nas súas redes sociais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.