As Neves
A salvo os catro tripulantes de dúas embarcacións que se afundiron no Río Miño
![[Img #23404]](upload/img/periodico/img_23404.jpg)
O forte caudal do río Miño arrastrou e botou onte a pique unha embarcación e o seu remolcador, á altura do concello pontevedrés das Neves. Ambas as dúas tripulacións caeron á auga, pero conseguiron porse a salvo ás beiras do río. En total, eran catro persoas, dúas de nacionalidade española e dúas de nacionalidade portuguesa, que se atopan en perfecto estado de saúde. Segundo relataron, a embarcación que estaba a ser remolcada afundiu e arrastrou con ela ao remolcador. Apuntaron ao forte caudal como un dos desencadeantes do accidente.
Un familiar pediu axuda ao persoal do CAE 112 Galicia despois das sete da tarde de onte. Deseguido, informouse aos membros da Comandancia Naval, ás forzas da orde e aos Bombeiros do Baixo Miño. Hoxe retomarase o dispositivo para tentar recuperar os restos das embarcacións afundidas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22