PROVINCIA
Carmela Silva participa na actividade da Fundación Gesto con nenos e nenas con Défict de Atención e Hiperactividad
Unha trintena de rapaces pintaron cos seus pes unha serpe sobre un papel ao ritmo da música nunha sala do Museo
![[Img #23414]](upload/img/periodico/img_23414.jpg)
A Presidenta da Deputación, Carmela Silva participou esta semana na primeira das actividades da “Fundación Gesto” no Museo de Pontevedra con unha trintena de nenos e nenas da Federación Gallega de Asociaciones de Défict de Atención e Hiperactividad (FEGADAH).
Os nenos e nenas pintaron ao ritmo da música unha serpe sobre un papel estendido no solo dunha das salas do Museo de Pontevedra onde acudiu Carmela Silva para comprobar como era a actividade. A Presidenta mostrouse gratamente sorprendida pola interactividade dos nenos e nenas coa pintura e cos artistas e subliñou que “o arte ten que ser un vínculo de integración entre as persoas e máis no caso das nenas e dos nenos e, sobre todo, se presentan algún tipo de problemas”.
A Presidenta agradeceu ao presidente da “Fundación Gesto”, Darío Basso, o poder presenciar o traballo dos nenos e nenas nunha experiencia plástica desta dimensión. Carmela Silva sinalou que a institución provincial considera moi importantes este tipo de actividades de integración das persoas e apostou por manter este tipo de programas.
A actividade desenvolvida esta maña no Museo de Pontevedra chámase “O camiño da Serpe” e ten a intención de potenciar a comunicación social o través da música, a danza e a pintura.
Segundo a fundación “A serpe” é unha deidade da cultura “yoruba” que representa ao individuo, e converterá nunha expresión colectiva onde a vida é unha evolución para converterse en individuo.
Os nenos e nenas pintaron cos pes o corpo da serpe, o seu camiño vital, sobre un prego de papel no que bailaron ao ritmo da música que marcarán golpeando con culleres de madeira cheas de pintura sobre obxectos cotidianos como cacerolas o tixolas. As escamas estarán constituídas por obxectos do seu entorno cotidiano que eles mesmos aportan (follas de árbores, fotos, papeis, etc.).
No acto participaron Darío Basso, pintor. Mercedes Pacheco, danzaterapeuta. Lila Pérez Gil, dinamizadora comunitaria; e os músicos: Coke Santos, Gautama del Campo y Adolfo Delgado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101