Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 05 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O concello de O Porriño conta con colectores de papel e cartón accesibles a persoas usuarias de cadeira de rodas

Son 35 colectores azuis que están localizados en distintos puntos do casco urbano e que tamén teñen unha placa serigrafiada en braille.

[Img #23416]

 

A rúa da Peña de O Porriño foi o lugar escollido para amosar os novos colectores azuis de recollida de papel e cartón que están adaptados a persoas usuarias de cadeira de rodas, xa que contan con recollida de carga lateral. Durante a demostración destes novos colectores estiveron presentes o concelleiro de Parques, Xardíns e Tráfico, Orlando Márquez, acompañado do vipresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da Provincia de Pontevedra (Federación COGAMI Pontevedra), Ángel Holguera, quen se prestou como modelo para amosar a altura do colector con relación á cadeira de rodas.

 

En total, son 35 os colectores azuis que van estar distribuídos polo casco urbano da vila, todos eles comparten unhas características similares: están dotados da recollida de carga lateral, co que permiten que as persoas usuarias de cadeira de rodas poidan utilizalos. Tamén todos estes colectores están serigrafiados en braille, para as persoas que teñen discapacidade visual, e están homologados segundo a norma europea EN12574. Para o concelleiro de Parques e Xardíns este paso máis na eliminación de barreiras, segundo apuntou “ a ver se seguimos mellorando e poñemos o resto tamén, porque somos sensibles a que todo o mundo teña as mesmas condicións”.

 

O vicepresidente de COGAMI, agradeceulle ao concello de O Porriño a sensibilidade que ten a favor das persoas con discapacidade, segundo o vicepresidente Ramón Sestayo “É loable o que está facendo o concello de O Porriño, creo que é o camiño a seguir, agardamos que os demais concellos tomen exemplo porque os que teñen nas súas mans o lograr a accesibilidade universal son os propios concellos.”

 

A empresa Coregal de recollida de xestión integral de residuos, é a empresa que xestiona a recollida de residuos de papel e cartón en O Porriño, despois de gañar un concurso de licitación pública. Esta empresa de economía social, conta con 5 eco-plantas por toda Galicia, unha delas en Mos na que traballan 40 persoas, a maioría delas con discapacidade. Esta empresa forma parte de COGAMI.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.15

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.