Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 06 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

Máis de mil ciclistas participarán este domingo na V Eurocidade BTT

A organización contará con máis de 150 voluntarios.

Este domingo, 6 de marzo, a Eurocidade Tui-Valença albergará unha das probas máis participativas do ano, a V Eurocidade BTT, que tras pechar o prazo de inscrición o pasado martes, superou todas as expectativas, acadando unha cifra de inscritos superior aos mil participantes.


A Eurocidade Tui-Valença e os compoñentes da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, están pechando os últimos detalles para que o domingo sexa unha espectacular xornada de ciclismo de montaña polos montes de Valença, Gondomar e Tui.


Ás nove horas españolas darase a saída dende a piscina municipal de Valença. Dende aí os mil participantes iniciarán o percorrido polas murallas de Valença, cruzarán a vella ponte internacional, entrarán a Tui en dirección a Areas, Malvas e Pexegueiro. Tras ascender cara ao Monte Tetón, gozarán das vistas do Monte Aloia, para descender polas míticas trialeiras desta marcha. Xa nas rúas de Tui, a partir das 10.30 horas españolas, os ciclistas percorrerán polo Paseo da Corredoira, rúas vellas, paseo fluvial, centro interfederado, e tras cruzar de novo a ponte internacional, os máis preparados, continuarán cara ao Monte Faro, para completar os setenta quilómetros da proba larga. Os menos osados, rematarán os 45 quilómetros nas instalacións da piscina municipal e o pavillón deportivo de Valença, onde poderán gozar dunha ducha quente e do famoso porco ao espeto portugués.


A seguridade da proba correrá a cargo da GNR e da Policía Local de Tui, dos Bombeiros Voluntarios de Valença, da Cruz Vermelha de Valença, da Cruz Vermella Española, e dos máis de cento cincuenta voluntarios da Peña Ciclista Biciosos Rías  Baixas e dos diferentes clubs deportivos locais de Tui e Valença, que colaborarán neste evento deportivo.


O Concello de Tui solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas de Tui, para falicitar o tránsito dos ciclistas polas rúas da cidade, e apoiar aos participantes na súa visita pola Eurocidade Tui-Valença.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.