Sábado, 01 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 05 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos proxecta unha nova Ludoteca Municipal en Louredo

A administración local solicitou unha subvención provincial para tal fin.

[Img #23427]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Cultura, Sara Cebreiro, informaron hoxe de que o Concello elaborou un proxecto de reforma da antiga Escola Unitaria de Louredo para adaptala como Ludoteca Municipal. Para poder acometelo a administración local mosense solicitou unha subvención provincial do Plan de Obras e Servizos por importe de 91.000 euros.


Respecto deste proxecto a edil Sara Cebreiro declarou hoxe que “visto o bo funcionamento da Ludoteca de San Rafael que abriu as súas portas a finais de 2014, que rexistra un gran número de usuarios e usuarias non só en horario de tarde entre semana senón tamén as fins de semana; consideramos necesario e moi beneficioso para o municipio a creación dunha nova Ludoteca”. Así mesmo Cebreiro explica que “coa gran extensión territorial que ten Mos é importante poder contar con dúas Ludotecas Municipais, tendo en conta ademais que contamos xa cun edificio idóneo para tal fin e sen utilizar, como é a Escola Unitaria de Louredo”.


E é que a actividade da primeira e única Ludoteca Municipal de Mos, a de San Rafael en Pereiras, vai en ascenso progresivo e diversificándose ademais, xa que non só se imparten nela obradoiros e iniciativas infantís, senón tamén para adultos. Sen ir máis lonxe organizáronse nestas instalacións accións formativas para educadores e esta fin de semana impartirase un curso de contacontos. Cómpre destacar ademais a importancia que as Ludotecan teñen nun aspecto social de relevancia capital como é a concienciación da vida familiar e laboral.


A rehabilitación da antiga Escola Unitaria de Louredo, sita no lugar do Pombal, pretende a inclusión no interior da construcción dunha Ludoteca de dúas aulas. O edificio é de pranta baixa cunha superficie construída total de 166 metros cadrados nunha parcela de 754 metros cadrados.


O proxecto contempla nesta edificación a disposición de dúas salas, unha para exposición e préstamo de xoguetes e libros e outra para a realización de actividades de xogo. Cada unha das aulas tería unha superficie mínima de 50 metros cadrados. Contará cunha porta de entrada de 1,20 metros e apertura cara ó exterior.

 

Dotarase de baños adaptados aos usuarios de xeito que disponse para a aula de 2 a 3 anos un aseo con dimensións e necesidades adaptadas aos usuarios, tendo a outra aula dous aseos dotados de inodoros e lavamáns; e adicionalmente disponse un aseo adaptado para uso xeral.


O edificio presenta aperturas nas súas catro caras para favorecer a ventilación e iluminación natural e conta con espazo libre que será adaptado ós usuarios dispóndose un axardinamento completamente valado e controlado para a utilización por parte dos cativos. O patio de xogos contará cunha superficie de 100 metros cadrados.


As instalacións da Escola Unitaria de Louredo datan do ano 1975 e están dispostas en forma de T, con dúas aulas simétricas con orientación oeste. A rehabilitación das mesmas presenta unha solución que se adapta en gran medida á estructura formal preexistente, dispoñendo as dúas aulas cunhas proporcións similares ás previas e readaptando a zona destinada a servizos para organizar o acceso e os aseos, habilitándoos á normativa vixente.

 

No exterior da parcela ubicarase o patio de xogos e a zona destinada ó trásito puntual de vehículos para o mantemento da construcción, que será dotada de pavimento separador que protexa as circulacións.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.