Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 07 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Os servizos de emerxencia evacuaron ao condutor dun camión pendido na mediana da VG-20

[Img #23430]

 

Un camión que circulaba pola VG-20, no punto quilométrico 12, á altura do Concello de Vigo, quedou pendido esta mañá na mediana desta vía. Así o relataba o alertante que chamou ao CAE 112 Galicia, minutos antes das 09:00 horas, para pedir axuda. 

 

De inmediato, púxose en marcha un operativo no que participaron os bombeiros de Vigo e do Porriño que xunto co persoal de Protección Civil de Vigo e de Mos, lograron estabilizar o camión e evacuar ao condutor.  A Garda Civil de Tráfico confirmou ao 112 Galicia que o condutor atópase ben e que a cabeza tractora do camión quedou entre os dous carrís da VG-20. Debido ao impacto, produciuse, ademais,  unha fuga de gasóleo procedente do depósito do camión que, xa os servizos de emerxencia teñen  localizada e controlada.

 

Urxencias Médicas e o persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foron informados polo 112 Galicia. Neste intre, un guindastre procede a retirada do camión. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.