PROVINCIA
Deputación aproba subvencións por valor de 238.942 euros para 12 concellos
Estas subvencións do Plan Concellos 2016 representan máis do 26 % do orzamento total que xa está nas mans dos municipios da provincia.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha nova partida de 238.942,46 euros para actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais incluídas na liña 3 do Plan Concellos 2016.
Esta cuarta relación de axudas aprobadas afecta aos concellos de Arbo, Barro, Cambados, Cangas, Catoira, Lalín, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Pazos de Borbén, Redondela e Salvaterra de Miño. Coas tres partidas aprobadas con anterioridade noutras xuntas de goberno a Deputación xa entregou o 16 % do dedicado a esta parte do Plan Concellos 2016 nos dous primeiros meses do ano.
No marco do Plan Concellos, o novo modelo da institución provincial que converte os municipios en protagonistas, a Deputación de Pontevedra está a poñer a disposición dos 60 concellos da provincia 40 millóns de euros distribuídos en catro liñas de axuda: investimentos, necesidades de gasto corrente, actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais e axudas para financiar o emprego.
Entre as subvencións aprobadas nesta cuarta relación encóntranse torneos de fútbol, actividades de Nadal e de Entroido, campamentos de verán, roteiros, escolas de música, festas, bailes de salón ou carreiras populares, entre outras.
En pouco máis de dous meses de 2016 a institución provincial repartiu máis de 10.370.000 euros, é dicir, máis do 26 % do total do Plan Concellos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22