PROVINCIA
Carmela Silva favorable á aposta dos concellos pola área metropolitana de Vigo
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou a súa "total colaboración desde o goberno da Deputación de Pontevedra na indiscutible aposta dos concellos da comarca de Vigo pola esperada constitución da área metropolitana", aínda que instou ao vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a que dea as necesarias explicacións sobre o suposto artigo que introduciría na lei, que obrigaría á institución provincial a ceder competencias e financiamento, "sen que, en ningún momento, se informase á Deputación e á súa presidenta do significado do devandito artigo".
Silva mostrouse "totalmente disposta a colaborar cos concellos para que a área metropolitana de Vigo sexa por fin unha realidade, algo que sempre dixen e que hai moito tempo debería ser constituída e que só impediu o sectarismo do Partido Popular". A presidenta da Deputación asegurou que, aínda que a súa vontade é totalmente firme para que a área saia adiante, "non se pode faltar ao respecto institucional ao actual goberno provincial e que a Xunta tome decisións que non se consultaron e para as que non se expuxo diálogo algún desde o goberno galego".
Carmela Silva lembroulle ao vicepresidente da Xunta de Galicia que "o tempo do absolutismo e a imposición finalizou en 1978. Non é de recibo que o goberno da Deputación de Pontevedra, que non foi nunca convocado para este asunto, se decate deste suposto cambio polos medios de comunicación", polo que esixe a convocatoria dunha reunión con Rueda para que o vicepresidente dea as explicacións precisas.
A presidenta provincial insistiu en que "estaremos encantados de colaborar para que a área metropolitana de Vigo sexa unha realidade porque levamos moito tempo reivindicando que a Xunta se implique dunha vez na súa constitución, pero o vicepresidente debe saber que a vía do diálogo é o camiño máis axeitado", subliñou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121