TOMIÑO
Chega a Tomiño a mostra itinerante da Deputación de Pontevedra “Mulleres en acción: Violencia Zero”
A Presidenta, Carmela Silva, e a alcaldesa, Sandra González, inaugurarán a exposición, as 12 horas, con motivo do Día Internacional da Muller.
![[Img #23466]](upload/img/periodico/img_23466.jpg)
Co motivo do Día Internacional da Muller, o mercado municipal do concello de Tomiño acollerá, hoxe ás 12:00, a inauguración da mostra que recolle os resultados do proxecto de acción artística contemporánea “Mulleres en acción: Violencia Zero” levado a cabo o pasado 25 de novembro no espazo público de dez concellos da provincia, entre os que se atopaba Tomiño. Esta mostra itinerante percorrerá os concellos nos que se desenvolveu o proxecto co obxectivo de reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención no estado actual da problemática da violencia machista no noso país e, por extensión, no mundo.
O proxecto “Mulleres en acción: Violencia Zero” foi unha proposta que se desenvolveu o pasado 25 de novembro nos concellos de Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Cangas, Redondela, Lalín, Tui, Tomiño, Moaña e Caldas de Reis, co obxectivo de fomentar entre a cidadanía unha actitude crítica ó tempo que promover a visibilidade das artistas novas galegas, realizando un achegamento á arte contemporánea a través do diálogo con todos os públicos, da experiencia e da creación colectiva, incentivando a integración de mulleres e homes na loita contra a violencia machista.
Artistas como Carme Nogueira, Ana Gesto, Adriana Pazos, Iria Acevedo, Rosa Neutro, Ánxela Blanco, Mónica Mura, Neves Seara, Laura Piñeiro, Mery Pais e Paulova foron as encargadas de dar corpo a “Mulleres en acción: violencia zero”. Os resultados das súas performances poderán verse a partir do mañá e durante todo o mes de marzo en Tomiño, en abril a Lalín, en maio a Tui, en xuño a Moaña, en xullo a Redondela, en agosto a Vilagarcía de Arousa, en setembro a Cangas, en outubro a Caldas e, finalmente, en novembro a Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149