Jueves, 02 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 07 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra impulsa un proxecto para a visibilidade das 70 mulleres cineastas da provincia

Carmela Silva destaca a importancia de coñecer o traballo das mulleres que son a metade da poboación.

A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou hoxe na presentación do proxecto “Cinema e Muller” a súa importancia para a visibilidade  do traballo das setenta mulleres que traballan no mundo do cine na provincia.


A Presidenta da Deputación subliñou que “Galicia está de moda e nunha das cousas que máis destaca é no cinema pero sempre aí un pero, e neste caso, o pero son as mulleres cineastas, editoras ou  guionistas da nosa provincia” . Por iso xustificou Carmela Silva a necesidade deste proxecto “Cinema e Muller” porque “dende a Deputación un dos nosos traballos máis importantes é dar visibilidade a todas as mulleres  e máis nun sector, onde sempre é moi difícil abrirse paso”.


Silva, xunto as cineastas Xisela Franco, Beli Martínez e Eva Calvar, presentaron no Museo de Pontevedra o proxecto no que nun primeiro momento fíxose un traballo de campo para a localización das setenta mulleres que se adican na provincia de Pontevedra ao cinema. De entre elas elixiuse a 10 que realizarán curtametraxes que posteriormente deron forma a unha película colaborativa.  As dez elixidas son: Carla Andrade, Bego Santiago, Carme Nogueira, Eva Calvar, Sonia Mendez, Andrea Zapata, Lara Bacelo, Olaia Sendón, Diana Toucedo, Claudia Brenlla.  


Esta película vai ser proxectada o venres 11 de marzo as 18:30h e sábado 12 de marzo ás 19:30h no auditorio do Museo de Pontevedra. E en Vigo o luns 14  e martes  15 de marzo no auditorio de Concello.


Ademais o proxecto contempla unha web na que se recolle os perfís das 70 mulleres cineastas da provincia e unha serie de charlas sobre o traballo destas creadoras.


A presidenta da Deputación quixo agradecer o traballo feito por Xisela Franco na localización e a clasificación das 70 mulleres da provincia. “Queremos que este proxecto –sinalou Carmela Silva- teña continuidade. Queremos que as mulleres creativas da provincia teñan o seu espazo e queremos que as pontevedresas sexan grandes directoras, guionistas  e produtoras“.


Neste senso, Carmela Silva, subliñou que o Museo de Pontevedra ten un papel moi importante “para que sexa un referente do que acontece no mundo da cultura na nosa provincia e de toda Galicia“. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.