Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 08 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño acollerá a 3.000 persoas do 15 ao 17 de abril durante a Fase Final da Copa da Raiña de balonmán

A xuizo da Asociación dos Comerciantes do Porriño (ACIPOR), a disputa da Fase Final da Copa da Raiña de Balonmán no concello é unha “estupenda oportunidade” para a vila, tanto dende o punto de vista deportivo, turístico e económico e unha “boísima idea”, como subliñou a presidenta da Asociación.


Juana Pérez cre que a chegada de máis de 3.000 personas no Porriño os días de disputa do campeonato, entre o 15 e o 17 de abril, e os anteriores, coa presenza das persoas encargadas da organización, difusión, técnicos, directivos e equipos arbitrais, terá unha “importante repercusión” na economía local en xeral e en sectores como a hostalería e o comercio, en particular.


A presidenta coincide coa opinión do responsable da Asociación de Hostaleiros, José Manuel Fernández, quen asegurou que  a Copa da Raiña é unha “boísima nova para todos” que suporá “publicidade para o pobo e xerará riqueza durante os días de competición”. Fernández agarda unha ocupación total para os establecementos locais e afirma que os mesmos estarán preparados para esta gran ocasión.


A máxima responsable de ACIPOR engade que ademáis da actividade que haberá no concello durante o campionato, é esencial deixar unha boa impresión, de xeito que os nosos hóspedes “se vaian contentos” e o Porriño poida optar á organización de futuras citas coma a da fase final da Copa da Raiña.


Dende o Goberno local, como membro do Comité Organizador, en especial dende as concellerías de Deportes, á fronte da cal está Manuel Carrera, e de Comercio, que dirixe Marcelino Coto, trabállase dende hai semanas con previsión para que todo, dende a competición á estadía de máis de 3.000 persoas que se estima que estarán na vila cada un dos días da Fase Final, todo funcione á perfección e que todos aqueles que chegen ao concello “reciban, aprecien e se leven a atención e a hospitalidade do Porriño”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.14

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.