Mos
As avoas protagonizan o Día da Muller en Mos
Nun acto singular comezando polo seu esceario, xa que se celebrou na Piscina Municipal
![[Img #23473]](upload/img/periodico/img_23473.jpg)
A Piscina Municipal de Mos foi hoxe esceario dun acto conmemorativo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, a tamén edil mosense Julia Loureiro, outros membros da Corporación Municipal, un grupo de avoas ás que este ano se lles adica o Día da Muller en Mos, representantes do tecido asociativo mosense, alumnos e alumnas do IES de Mos, e monitores e monitoras da piscina; así coma un nutrido número de usuarios que nese intre saían ou chegaban ás instalacións deportivas.
Os asistentes puideron escoitar a dúas avoas, -a figura da avoa é homenaxeada este ano con motivo do Día da Muller en Mos-, ler sendos textos, moi emotivos e escritos por elas mesmas, sobre as súas experiencias persoais. Interviron tamén a edil Sara Cebreiro e a rexedora local, Nidia Arévalo.
As representantes municipais lembraron esta mañá a programación con motivo do Día Internacional da Muller, que este ano se enmarca baixo o eslogan ‘Grazas avoa’.
O programa de actividades comezou hoxe con este acto conmemorativo e continuará o vindeiro sábado 12 de marzo no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso, ás 18.00 horas. Momento no que a compañía A Tropa de Trapo contará historias de mulleres guerreiras a través da obra “Contos de nenas grandes e pequenas”, trala que se fará a entrega de premios do concurso infantil de relatos, con entrada libre e de balde ata completar aforamento.
Tamén no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso, o domingo 13 de marzo, ás 19.00 horas, representarase, por parte do grupo de teatro das Mulleres en Igualdade de Mos, a función “As Ghaliñas de Mos”, novamente con entrada libre e de balde ata completar aforamento.
Concurso Escolar de Textos ‘Grazas avoa’
Sobre o Concurso Escolar de Textos ‘Grazas avoa’ Cebreiro declarou que “este ano quixemos aproveitar esta xornada, para rendir unha homenaxe ás nosas avoas, ás que tanto lles debemos, polo tanto, o obxecto do concurso escolar de textos deste ano, consiste en reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das nosas avoas na sociedade, potenciando deste xeito a creatividade dos nosos escolares.”
Os textos participantes puideron ser entregados ata o 5 de marzo no centro educativo, na Biblioteca Municipal ou no Rexistro do Concello, e podían estar escritos en galego ou en castelán e en calquera tipo de formato: tanto poético coma narrativo, descritivo, etc.
Establécense catro categorías de participación distribuídas en función das idades dos redactores: Categoría I: de 6 a 8 anos, Categoría II: de 9 a 12 anos, Categoría III: de 12 a 16 anos e Categoría IV: de 16 a 18 anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159