Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 09 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

‘Merca na rúa’ ofrece esta fin de semana no Porriño descontos de ata o 80% en artígos textís, deportivos, calzado, óptica ou complementos

Segundo indicou o concelleiro de Comercio, Marcelino Coto un total de 22 establecementos do Porriño ocuparán outros tantos stands

[Img #23499]

 

A XIV edición de ‘Merca na Rúa’, organizada pola Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR), Morea (Centro Comercial Aberto do Porriño)e o Concello, agarda reunir o sábado e domingo que ven, días 12 e 13 de marzo, a máis de 6.000 persoas.

 

Segundo indicou o concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, este mércores na súa presentación oficial, un total de 22 establecementos do Porriño ocuparán outros tantos stands, “o sábado día 12 na rúa peonil  e o domingo, 13, no Parque do Cristo”.

 

Juana Pérez, presidenta de ACIPOR, salientou que os visitantes a ‘Merca na Rúa’ poderán atopar artigos “de tenda e de primeira calidade con descontos que poden chegar ao 70 e 80% do seu prezo habitual”.

 

O concelleiro de Comercio engadiu que este ano hai varias novidades, “por primeira vez vaise facer en dous lugares distintos do concello, a zona peonil, o sábado de 10 da mañá a 9 da noite en horario continuo,e no Parque do Cristo, o domingo, de 11 a 20 h”, ademáis a Concelelría de Comercio ven de contratar os servizos dunha empresa de vixianza que garantirá a seguridade dos postos pola noite, complementando o traballo de dúas patrullas da Policía Local”.

 

A xerente de ACIPOR, Noelia Conde, subliñou que os clientes, “ademáis da calidade dos artigos en venda, teñen un trato de preto e persoalizado e a garantía de que todo o que compran procede de tenda, o que é un motivo máis de confianza”.

 

A respostas dos xornalistas, Marcelino Coto confirmou que o sábado “ademáis de nos 22 stands, os visitantes poden face-las súas compras nos establecementos do Comercio Local que están abertos”, e gabou a capacidade da Asociación de Comerciantes do Porriño para “innovar e dinamizar a economía local”, o que fai que importantes firmas xa se dirixiran ao Concello amosando o seu interese por abrir establecementos na vila.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.