DEPORTES
O Porriño será sede permanente da Liga Galega de Baloncesto Adaptado
![[Img #23512]](upload/img/periodico/img_23512.jpg)
O concelleiro de Deportes e primeiro tenente de alcalde do Porriño, adiantou este mércores que asinará un convenio de colaboración coa Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA) para que a vila sexa a sede permanente da Liga Galega de Baloncesto.
Manuel Carrera fixo o anuncio durante a súa asistencia á primeira xornada da Liga Galega de Baloncesto que se disputou no Pabillón Municipal.
Carrera salientou o “magnífico traballo” que levan a diante adestradores, directivos e, “especialmente, os deportistas” que contenden a este campionato que terá a súa segunda xornada, en maio e a terceira, en outubro deste 2016, “todas elas no Porriño”.
Nesta primeira parte da competición participaron 17 equipos e 170 xogadoras e xogadores procedentes de toda Galicia, un número que, lembrou o tenente de alcalde, supera o de edicións anteriores, confirmando o aumento constante de practicantes desta modalidade.
Manuel Carrera tamén informou de que o vindeiro día 21deste mes, en colaboración co Clube AMFIV, o Concello organizará o ‘III Torneo Solidario Concello do Porriño’ de Baloncesto en Cadeira de Rodas. O mesmo se desenrolará na forma 3x3 e estarán presentes algúns dos mellores xogadores desta disciplina.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149