O PORRIÑO
O Festival de Cans bate o seu récord de curtas inscritas
O festival recibe 215 obras, un 15% máis que o pasado ano, e recuperará a súa sección de animación.
![[Img #23519]](upload/img/periodico/img_23519.jpg)
O Festival de Cans bate o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 215 producións galegas, o que supón un 15% de incremento con respecto á edición anterior, na que chegaran 184 traballos. Divididas por categorías recibíronse un total de 115 curtametraxes de ficción e non ficción, 14 de animación e 86 videoclips.
Estes datos convidan ao optimismo sobre o ritmo de produción das creadoras e creadores galegos, constatándose un salto significativo con respecto a anteriores convocatorias. É a primeira vez nos trece anos de festival que se superan as 200 obras inscritas, unha cifra considerable tendo en conta que as bases do certame só admiten producións galegas, cuxo director ou directora sexa galego. Igualmente, é a primeira vez que se inscriben máis de 100 curtametraxes de ficción e non ficción.
Por outra parte, rexístrase tamén como dato moi positivo o restablecemento da inscrición dun número considerable de curtametraxes de animación, ademais a meirande parte delas de moi boa calidade. É por iso que a organización está xa en condicións de afirmar que recuperará a súa sección específica. Esta é unha moi boa nova logo de constituír o 2015 o único ano na historia do festival no que non se logrou reunir producións abondas para compoñer a categoría de animación.
Con respecto ao apartado de ficción, segue rexistrándose un gran volume de traballos de creadores galegos que viven e desenvolven a súa actividade profesional fóra de Galicia. Así o constatan as produción recibidas dende lugares como o Gran Bretaña, Francia, Portugal, Madrid e Barcelona.
O volume de videoclips segue medrando a un ritmo imparable de produción e nun amplo abano de estilos musicais que van do hip-hop á música tradicional, pasando polo pop e o rock, ata chegar ás técnicas de narración audiovisual máis diversas.
Alén das seccións oficiais a concurso, a organización considera que hai unha gran diversidade de traballos moi interesantes que poden entrar nas seccións de programación paralela do festival.
Logo desta primeira aproximación ao material recibido, vaise iniciar agora un proceso exhaustivo de visonado, debate e selección por parte do equipo do festival, ata elixir as obras a concurso, que se darán a coñecer a primeiros de maio.
Incremento nas dotacións
Para esta edición, a organización fixo un esforzo aumentando a contía en metálico dos premios ata os 6.400 euros, en particular cun incremento da dotación do Premio do xurado á mellor curta, que pasará a ser de 2.000 euros fronte ós 1.500 da edición anterior. Este esforzo pretende manifestar o compromiso irrenunciable do festival cos novos cineastas e que o premio supoña unha motivación para poder continuar as súas traxectorias no futuro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153