Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 12 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Pleno de Ponteareas aproba a moción do BNG para esixir á Xunta que cumpra na defensa do galego

A Unión Europea denuncia o incumprimento da Carta Europea das Linguas por parte da Xunta.

O Pleno do Concello de Ponteareas ven de aprobar na última sesión ordinaria unha iniciativa presentada polo BNG  para que a Xunta derrogue o decreto contra o galego e cumpra a Carta Europea das Linguas. A moción foi aprobada por todos os grupos da Corporación Municipal, agás o PP.

 

O BNG presentou esta moción o Pleno Municipal despois de que a Unión Europea fixese público un documento no que denunciaba o incumprimento da Carta Europea das Linguas por parte da Xunta de Galiza.

 

A Portavoz do BNG en Ponteareas e Concelleira de Normalización Lingüística, Hortensia Bautista, indicou na exposición da iniciativa que “o informe de avaliación resalta o retroceso nos servizos públicos na atención en lingua galega e as dificultades para empregar o galego con normalidade na nosa vida diaria, especialmente en ámbitos como a Xustiza, o bancario ou o sistema sanitario”.

 

A concelleira ponteareá indicou que “a parálise do goberno da Xunta en relación ao galego é o motor do seu retroceso, por iso cómpre actuar para avanzar, con unidade en torno a aspectos básicos como o cumprimento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e a Carta Europea, colocando a lingua como o que é: a principal obra colectiva, sinal de identidade e cohesión social do pobo galego”. En palabras de Bautista, “que o noso goberno cumpra cos compromisos colectivos e internacionais sobre a lingua e que garanta plenamente a posibilidade de vivirmos en galego é mellor política de promoción do idioma”.

 

Hortensia Bautista considera “urxente que o Partido Popular mude a súa política lingüística contraria a normalización do noso idioma” e manifestou que o decreto do plurilingüismo “é un decreto contra o galego, un esperpento xurídico e unha ofensa a nosa dignidade como pobo”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.