Oia
O novo centro de saúde de Oia inicia a súa actividade o próximo día 21
As novas instalacións están dotadas de todos os medios técnicos e diagnósticos que permitirán incrementar a capacidade resolutiva deste nivel asistencial
![[Img #23573]](upload/img/periodico/img_23573.jpg)
O próximo luns día 21 porase en funcionamento o novo centro de saúde que o Servizo Galego de Saúde ven de contruír no Concello de Oia.
Neste novo edificio sanitario, cofinanciado con fondos FEDER, a administración galega realizou un investimento de 1.002.207 euros. Enmárcase na Estratexia do Sergas de modernizar as infraestruturas da rede de Atención Primaria para mellorar a asistencia prestada á cidadanía e o contorno de traballo dos profesionais.
Nesta liña expresouse o xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, que manifestou a súa satisfacción por esta nova dotación sanitaria “o primeiro dos centros de saúde que se van por en marcha na área sanitaria de Vigo, xa que nas próximas semanas tamén se abrirán os centros de Panxón e o de Tui”-.
Con estas instalacións “dáse un salto cualitativo importante nas prestacións da asistencia sanitaria á poboación deste concello, que agora dispón dun centro moderno, funcional e ben dimensionado, que permite garantir as mellores condicións asistenciais, tanto para os usuarios como para que os profesionais”-afirmou Rubial.
Área materno-infantil
A obra, realizada pola empresa Obras y Servicios Gómez Crespo, ten unha superficie construída , de 680 metros cadrados.
O seu programa funcional conta cunha área médica con dúas consultas de medicina xeral, dúas consultas de enfermería e unha área de atención materno infantil cunha sala da muller e consulta de pediatría. Ademais, dispón dunha consulta polivalente, e área de administración con arquivo, almacéns, vestiarios e outros servizos comúns.
Equipamento actualizado
As novas dependencias están dotadas de todos os medios técnicos e diagnóstico necesarios, que permitirán incrementar a capacidade resolutiva deste nivel asistencial. Neste senso hai que subliñar que conta cun equipamento de tecnoloxía sanitaria completamente renovado: electrocardiógrado, espirómetro, monitor da presión arterial (MAPA); doppler vascular; desfibriladores e oxímetros de pulso.
Isto facilitará que os seus profesionais, ademais de realizar a propia actividade asistencial, poidan realizar actividades preventivas e desenvolver os programas de protección e promoción da saúde (programa do neno san; programa de atención ao paciente crónico; o Control do Tratamento con Anticoagulantes orais,SINTRON; e atención á Muller, etcétera).
Datos asistenciais
O centro de saúde de Oia da cobertura a unha poboación de 2.442 usuarios, dos que 205 son nenos menores de 14 anos.
O cadro de persoal deste centro está formado por dous médicos xerais, dúas enfermeiras , un PSX (persoal de servizos xerais), e unidades de apoio como pediatra, matrona e traballador social.
En canto a actividade asistencial, este equipo multidisciplinar realizou o pasado ano un total de 17.000 consultas, entre as de adultos e nenos, e un cento de cirurxías menores .

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56