Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 14 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
Baiona

A tripulación do Pesca-I rescatou ao percebeiro que faleceu tras entrar en parada cardiorrespiratoria

[Img #23614]

 

Un percebeiro perdeu a vida tras sufrir un paro cardíaco cando traballaba en Cabo Silleiro, en Baiona. Sucedeu arredor das doce e media desta mañá e, pese aos intentos dos servizos sanitarios de urxencia, nada se puido facer por salvar a vida do home. O percebeiro, que estaba nas rochas, foi rescatado e trasladado ao Aeroporto de Peinador pola tripulación do Pesca-I. No Aeroporto de Vigo agardaba un equipo de Urxencias Médicas, que, pouco despois, confirmou o falecemento do paciente.

 

Tras a chamada ao 112 Galicia dun membro da Confraría de Baiona, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias puxeron en marcha un operativo de rescate no que, ademais do Pesca-I e os servizos médicos, participaron Salvamento Marítimo, os integrantes do GES do Val Miñor e as forzas da orde.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.