Lunes, 27 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 15 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

A Biblioteca de Mos aproxímase ós 12.000 volumes dos que se benefician os seus preto de 3.000 socios

[Img #23623]

 

A concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro, anunciou a adquisición de preto de 200 novos libros para a Biblioteca Municipal de Mos, grazas á unha subvención plurianual para mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas públicas concedida ó Concello pola consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

 

Dita subvención atópase dividida en dúas partes: unha con cargo ó orzamento de 2015 e con importe de 1.212,82 euros;  e outra con cargo ó orzamento do presente ano 2016 con e con importe de 1.006,29 euros. En total adquiríronse 176 libros, 94 o pasado 2015 e 82 este ano.

 

Tras estas novas adquisicións a Biblioteca Municipal de Mos conta actualmente cun fondo bibliográfico de 11.133 rexistros dos que se benefician un total de 2.690 socios.

 

Ante a concesión a Mos desta subvención da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dirixida ás bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, a edil Sara Cebreiro declarábase hoxe satisfeita, xa que “con esta axuda da Xunta puidemos mellorar considerablemente a colección bibliográfica da nosa Biblioteca Municipal”, dixo a concelleira.

 

Os libros mercados gracias a esta axuda autonómica son exemplares de últimas novidades en narrativa para adultos, infantil e xuvenil, elixidas en base ás peticións dos propios usuarios e usuarias da Biblioteca mediante un formulario de “adquisición de obras” que teñen á súa disposición.

 

Unha terceira parte do total destes libros é literatura en galego e os títulos foron elixidos de entre a lista de lecturas obrigatorias no Instituto de Mos para os alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria, ESO, e Bacharelato.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.