Salceda de Caselas
Os nenos e nenas do CEP Altamira coñecen o CDL do Torrón
![[Img #23634]](upload/img/periodico/img_23634.jpg)
Case un centenar de nenos e nenas de 1º curso do CEP Altamira realizaron esta semana unha visita ao edificio do CDL do Torrón, para coñecer tanto as instalación como as actividades que nelas se ofrecen. Os cativos e os seus mestres foron recibidos pola Concelleira de Formación e Emprego, Loli Castiñeira, que lles presentou o persoal que nese momento prestaba os seus servizos no edificio.
Posteriormente, os técnicos Claudio González, Pedro Álvarez e Jacobo Curto ensináronlles as instalacións aos cativos, que puideron visitar as aulas de carpintería e informática e o salón de actos. A xornada rematou coa visita á aula de hostalería, onde os nenos e nenas disfrutaron dun almorzo a base de froitas e zumes, atendidos pola Bolsa de Voluntariado do Concello de Salceda.
A visita enmárcase dentro da iniciativa do CEP Altamira, de amosarlle o entorno máis próximo ao alumnado, o que se traduce en visitas como esta, que se suman ás xa realizadas ás instalacións da Policía Local, Correos, a Casa da Música ou a Casa da Cultura entre outras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149