Ponteareas
O CEIP Fermín Bouza Brey terá comedor en setembro
O concelleiro de EU-son, Lino Costas, presentou no pleno de onte unha alegación á proposta presentada pola Xunta de Goberno para solicitar á Consellería de Educación a xestión do comedor escolar do CEIP Fermín Bouza Brey. A alegación presentada por EU, engade un punto que compromete ao Concello a xestionar o comedor se a Consellería non o fai ou non se pronuncia.
Por outra banda, o concelleiro na súa intervención expresou a súa sorpresa pola modalidade de comedor escollida pola Xunta de Goberno -a xestión por parte dunha empresa de catering- cando o decreto de comedores establece outras modalidades máis valoradas polas familias, como a que permitiría que a cociña do CEIP Virxe dos Remedios preparara os menús con produto local para logo transportalos ás dependencias do Bouza Brey. Os nenos e nenas consumirían un menú de mellor calidade e o concello tería un servizo público máis en lugar dunha empresa privada máis.
Lembremos tamén, que o Concello informou ás familias do centro, que xestionaría o comedor no curso actual. Logo desentendéronse do tema ata que as familias comezaron a pedir explicacións, chegando incluso a denominar "enquisa" á solicitude de praza de comedor enviada ás familias onde se informaba de que o concello de Ponteareas levaría a xestión durante o curso 2015/2016, entendemos que nun claro intento de enmascarar o cambio da situación.
Ademáis disto, tanto o BNG como a comunidade educativa representada no Consello Escolar Municipal, defenderon en 2013, o servizo para as familias por encima de todo, solicitando que o Concello se fixera cargo se non o facía a Xunta. Non esquezamos que nese momento, catro concelleiros e concelleiras da bancada do goberno, pertencían a este órgano -o CEM- ou aos colectivos representados no mesmo. Lino Costas manifestou a súa preocupación pola posibilidade de que esas reivindicacións cambiaran ao pasar da oposición á Xunta de Goberno.
A prioridade agora mesmo para a Asemblea Municipal de EU, onde se debateu e acordou que posicionamento levaría o concelleiro, é o comezo para setembro do servizo de comedor para todo o alumnado que o solicite onde se inclúen as nenas e nenos con escaso recursos económicos ou en risco de exclusión social, dentro do contexto de emerxencia social no que estamos. Tamén, que os cativos teñan a mellor calidade nos menús, potenciando o produto local. Consideran que o debate interminable sobre de quen é a competencia da xestión non resolve o problema de conciliación das familias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149