Lunes, 27 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 17 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos mellora as súas principais superficies de aparcadoiro público ó aire libre

Os traballos de pintado prolongaranse aproximadamente unha semana.

O concelleiro de Vías e Obras mosense, Luis Alonso, supervisou onte os traballos de pintado das áreas de aparcadoiro, prazas de aparcadoiro para minusválidos e pasos de peóns en diferentes zonas do municipio; e que deron comezo esta mañá no entorno do Pavillón Óscar Pereiro e da Piscina Municipal.


Estes labores  levaranse a cabo tamén na Urbanización de San Eleuterio, o Centro de Saúde no Rebullón e o Camiño de San Cosme, na parroquia de Cela. Está previsto que os traballos se prolonguen durante unha semana e que queden finalizados cara a mediados da semana que ven.


O orzamento a investir nestas actuacións ascende a 12.000 euros de fondos propios municipais, segundo informaba hoxe o edil responsable do departamento de Vías e Obras, Luis Alonso. Alonso destacaba, así mesmo, “a importancia dos traballos que se están a acometer en aras de optimizar a seguridade vial na localidade mosense, tanto de conductores coma de viandantes, e mellorar en xeral a calidade de vida dos veciños e veciñas a través dun bo mantemento e conservación das infraestruturas, dotacións e espazos públicos”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.