Lunes, 27 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 16 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Usuarios do Plan Integrado de Emprego de Mos fórmanse profesionalmente en cociña

Realizarán prácticas en empresas do sector hosteleiro coas que o Concello asinará un convenio de colaboración.

[Img #23656]

 

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, informou hoxe de que 10 usuarios/as do Plan Integrado de Emprego Mos 3.0 estanse a formar nun Curso de “Operacións Básicas de Cociña” que comezou o pasado día 07 de marzo e rematará o vindeiro día 08 de abril.


A duración total do curso é de 125 horas, das cuais 30 horas corresponden a prácticas en empresas coas que o Concello de Mos asinará un convenio de colaboración.


O itinerario formativo que se está a impartir componse das seguintes unidades formativas: normas e condicións hixiénico-sanitarias en restauración, preelaboración e conservación culinarias, realización de elaboracións básicas e elementais de cociña e asistir na elaboración culinaria, elaboracións de pratos combinados e aperitivos, e por último realización dun módulo de prácticas profesionais non laborais de 30 horas de duración.


Este curso é impartido polo persoal do Colexio Lar e realízase nas súas instalacións.


A finalidade do curso é a mellora da ocupabilidade dos/as usuarios/as e a inserción laboral das 10 persoas que están a formarse na ocupación de “Axudante de Cociña”, tal e como informaba o propio edil Óscar Soto.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.