Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 18 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello do Porriño acometerá en poucos días as obras de mellora do interior do polígono de As Gándaras

[Img #23668]

 

O concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, amosou o seua "asombro" pola quiexa pública feita pola Asociación de Empresarios de As Gándaras, "apenas unhas horas despois" de que él mesmo falase con responsables da devandita asociación, para "informarlles de que estaba na percura dunha solución para acometer as obras de mellora dos viais interiores do polígono".


Manuel Carrera explicou, nesa conversa, que "os servizos municipais están traballando ao límite das seus medios por mor dos danos causados polos pasados temporais en todo o concello, que deixaron desprendimento de noiros, desplome de viais, fochancas e cortes nas calzadas de varias parroquias". Maila a elo, como comentou Carrera aos representantes da devandita asociación, "o Goberno Local acometería en poucos días as obras no Polígono".


Este mesmo mércores, a alcaldesa, Eva García de la Torre, asistía á xuntanza da Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP),da que é membro, na que se trataría a avaliación dos danos causados pola choiva, o vento e os asolagamentos das pasadas semanas en varios concellos de Galicia, entre eles O Porriño.


O concelleiro de Vías e Obras non entende "a postura da Asociación de Empresarios de As Gándaras considerando que con este goberno local rematouse a 1ª Fase da saída sur do Polígono e xa se está licitando a segunda, obras que non se acometeran con anterioridade”, e lembra que, “en todo momento” houbo un contacto directo e habitual coa Asociación de Empresarios e sempre se tiveron en consideración as súas demandas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.