PROVINCIA
Cociña en directo coa camelia como ingrediente, degustacións e contacontos… actividades da mostra "Os sentidos da camelia"
Eva Vilaverde presentou o LII Concurso-Exposición Internacional da Camelia, que abrirá ao público o vindeiro sábado coa colaboración dos chefs con estrela Michelin da provincia e a participación de 52 expositores da flor.
![[Img #23681]](upload/img/periodico/img_23681.jpg)
Cociña en directo, degustacións, contacontos, camelias de decenas de cultivares… e moitas sorpresas. Así se resume o programa do LII Concurso-Exposición Internacional da Camelia, que se desenvolverá os vindeiros sábado e domingo no Recinto Feiral de Pontevedra. A deputada delegada da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Eva Vilaverde, sinalou que o obxectivo da Deputación de Pontevedra na organización desta mostra foi "dar un cambio xeral, cun toque atrevido, á mostra para demostrar que a camelia é algo máis que unha flor ornamental, xa que é un recurso que pode crear economía de país".
Vilaverde explicou que este ano a exposición leva por título "Os sentidos da camelia", posto que lle ofrece ao público cinco xeitos de gozar coa flor: a vista, o oído, o tacto, o olfacto e o gusto. No sentido da vista os visitantes poderán admirar os diferentes cultivares presentados polos 52 expositores que optan ás 21 categorías de premios. Nesta edición decidiuse cambiar o regalo simbólico para os premiados e, se ben se outorgará unha camelia de ouro, esta será un deseño dos irmáns Cimadevila, xoieiros de Pontevedra, que fixeron o seu modelo baseándose nun cultivar galego da flor (a camelia da variedade ‘Rosa do Ortel').
No sentido do oído haberá contacontos a cargo de Polo Correo do Vento, que organizará unha experiencia interactiva cos nenos baseada na historia de A fada das camelias. As sesións serán o sábado, ás 17:30 horas, e o domingo, ás 17:00 horas. Tamén haberá recitados de textos relacionados coa camelia gravados por nenos dos colexios de Pontevedra.
No sentido do tacto permitiráselles aos visitantes tocar a camelia en todas as súas expresións: sementes, follas, pétalos, troncos… e mesmo gozar do tacto do aceite de camelia, de grandes propiedades cosméticas para a pel.
No sentido do olfacto daranse a coñecer as camelias olorosas, perfumes feitos coa camelia como base, cremas, xabóns, e mesmo té, nas súas diferentes variedades e aromas.
No sentido do gusto expoñeranse as receitas dos xefes de cociña do grupo Nove na provincia de Pontevedra, incluíndo os estrelas Michelin coma Javier Olleros, Pepe Solla, Xoán Cannas, Yayo Daporta, Rafael Centeno, Alberto Prelcic, Antonio Botana, Pablo Romero ou Iñaki Bretal. Este último será o encargado de facer unha demostración de cociña en directo coa camelia como ingrediente. Os alumnos do CIFP Carlos Oroza tamén farán un showcooking, no que presentarán unha receita e farán unha degustación dun prato xa presentado en Madrid e na Escola de Hostalería de Viana do Castelo no día de hoxe. Estas actividades realizaranse ás 18:00 horas do domingo.
O xefe de cociña Iñaki Bretal, do restaurante Eirado da Leña, explicou que a utilización da camelia como ingrediente supuxo un reto para el, posto que ten un sabor "rico", co que se poden dar moitas posibilidades. "É un elemento que estamos acostumados a ter ao noso arredor pero que non usamos na cociña, polo que hai moito de experimentación nos pratos", dixo. Neste sentido tamén se manifestou o director do Carlos Oroza, Manuel Hermo, que sinalou que os alumnos, liderados polo profesor Francisco Rodríguez, realizaron "un proceso de investigación sobre a flor" para ver as súas potencialidades nas súas diferentes manifestacións: flor natural, aceite de camelia ou té. "Nos nosos traballos a camelia é un recurso máis que diferencia a Pontevedra nos sitios aos que vamos a dar a coñecer a nosa cociña", subliñou.
Para finalizar o acto de presentación da mostra da camelia, a deputada Eva Vilaverde fixo referencia aos contedores marítimos instalados no lateral do santuario da Peregrina, facendo fincapé en que se quere atraer a atención dos pontevedreses e convidalos á mostra para demostrarlles "que Galiza é unha potencia en camelia e hai que darlle un contido máis coral".
O LII Concurso-Exposición Internacional da Camelia abrirá as súas portas ás 17:00 horas do sábado 19 no Recinto Feiral. A inauguración oficial, á que están convidados representantes e asociacións de toda a provincia, será ás 19:00 horas. A entrega de premios terá lugar o domingo, ás 12:30 horas. A entrada a todas as actividades é libre.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136