MOS
Día do Pai solidario en Mos
O prezo simbólico dun euro pola entrada doarase a AECC.
![[Img #23696]](upload/img/periodico/img_23696.jpg)
O Concello de Mos celebra o Día do Pai dun xeito solidario, así o anunciaban onte a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro. A administración local organiza dous actos esta fin de semana, un deles cun donativo simbólico dun euro en concepto de entrada e a beneficio da Asociación Española contra o Cancro, AECC.
A comedia da compañía Malasombra que se representará o sábado 19 de marzo ás 21.00 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso, titulada ‘O Día do Pai’ e dirixida a maiores de 16 anos, é a que ten un prezo de entrada dun euro que se doa a AECC.
A este respecto a edil Sara Cebreiro declaraba hoxe que “aproveitando que se celebra o Día do Pai decidimos realizar un acto solidario pensando ademáis en que moitos pais de familia poden estar a pasar por un cancro e este é o mellor xeito de apoialos e animalos a seguir loitando contra a enfermidade”, dixo.
A obra de teatro ‘O Día do Pai’ trata sobre tres homes de moi diferente aspecto, idade e condición, que foron citados nunha clínica de reproducción asistida. Descoñecen o motivo pero sospeitan - témense- que son requeridos para ser obxecto dunha proba de paternidade. Creen non ter nada en común, aínda que pronto descubrirán que os tres mantiveron unha relación coa mesma muller, que os someterá a unha delirante “proba de paternidade”.
Manuela decidiu ser nai solteira e busca un pai solteiro. ¿Cal dos tres será o máis adecuado para convertise en pai? ‘O Día do Pai’ é unha comedia trepidante sobre esta singular loita de espermatozoides por conquistar o óvulo. Todos pelexarán por acadar o mesmo fín. Selección natural nunha clínica de reproducción artificial. Pero realmente, ¿por que queren os homes ser pais?
A obra é autoría de Gabriel Olivares e Ana Graciani, baixo a dirección de Marcos Orsi e na interpretación participa o elenco de actores formado por Alberto Rolán, Jousé García, Xoque Carbajal e Pablo Alvarado.
O domingo espectáculo infantil
Por outra banda o domingo, 20 de marzo, terá lugar un espectáculo infantil totalmente gratuíto para o público asistente, enmarcado no programa ‘Ocio en Familia’ e que chega da man de Cándido Pazó. Titúlase ‘Ra, ra, ra’ e realizarase no auditorio do Centro Dotacional de Torroso ás 18.00 horas.
Este espectáculo infantil trátase dunha adaptación dun texto da propia autoría de Pazó, que se adentra coa mesma no teatro infantil.
Conta con actores como Vítor Mosqueira e Toni Salgado e actrices como Carla Capeáns e Beatriz Méndez. Este elenco forma parte dunha montaxe que contará con Belén Pichel na produción e distribución, Afonso Castro no papel de iluminador e axudante de dirección, Carlos Alonso a cargo do vestiario e tratamento escenográfico, Manuel Riveiro na música e Nano Besada na creación audiovisual.
A obra é unha alegoría utilizando o mundo das rás contra o medo que nos bloquea ou ameaza. Traballa esa idea de que o medo é algo co que temos que cohabitar, pero debemos utilizalo no noso favor. A obra inclúe proxeccións realizadas por un xove de O Grove, Nano Besada, que aporta un dinámico e deleitoso acompañamento audiovisual ó espectáculo que conta, ademais, cunha coidada escenografía, unha iluminación vistosa para potenciar cada momento argumental e emotivo. Uns ingredientes que perseguen confirmar e afianzar o selo co que se quere definir esta compañía: a comunicación directa, amena e empática co público.
A actividade estará organizada e dirixida cunha metodoloxía exclusivamente dinámica e participativa, onde todos os membros das familias son os protagonistas. O público é protagonista da historia que se interpreta. Os motivos visuais serán moi importantes para que as familias se concentren na historia e sexan partícipes no desenrolo da mesma en todo momento; sendo moi importante a comunicación verbal e non verbal dos artistas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141