Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 18 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

Os autónomos/as dependentes de Frigolouro mobilízanse polas rúas do Porriño na segunda xornada de folga

Unha representación do persoal de Servicarne e da CIG mantivo unha xuntanza coa alcaldesa para que medie no conflito laboral

[Img #23704]

Os folguistas de Servicarne, autónomos/as dependentes da empresa de procesados cárnicos Frigolouro, aproveitaron a segunda xornada de folga para mobilizarse polas rúas do Porriño e mantiveron unha xuntanza coa alcaldesa, que se comprometeu a mediar no conflito laboral. Arredor do 80% do persoal volveu secundar un paro indefinido para reclamar melloras nas súas condicións laborais que se suspende até o vindeiro luns.

 

O segundo día do paro indefinido convocado polos falsos autónomos/as que traballan para Frigoluro a través da empresa catalá Servicarne para denunciar a elevada precariedade que padecen e reclamar melloras nas condicións de traballo comezou ben cedo cunha concentración ás portas da compañía no Porriño. A continuación, o persoal marchou polo centro da localidade até o Concello, onde se concentrou por espazo dunha hora e mantivo unha xuntanza coa alcaldesa.

 

A rexedora comprometeuse diante da representación do persoal e da CIG (encabezada polo secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves) a mediar no conflito laboral e amosoulles o seu apoio ás reivindicacións dos traballadores/as. “Explicámoslle as condicións de precariedade que padece o persoal de Servicarne e amosouse moi soprendida polas condicións de traballo que soportan”, indican dende FGAMT-CIG. A primeira edil porriñesa tamén lles trasladou que se porá en contacto co xerente de Servicarne para intentar que reciba a unha representación dos afectados/as.

 

Amplo seguimento do paro

 

O paro indefinido está a ter un amplo seguimento por parte dos autónomos/as dependentes a pesar dos intentos de Servicarne de boicotear a protesta. A empresa contratou hoxe mesmo 20 novos/as traballadores/as, algo que pode facer ao tratarse dunha cooperativa, aínda que non evitou que a produción de Frigolouro se vise afectada de novo.

 

Por outra banda, o comité de empresa de Frigolouro (CCOO, UGT e Sindicato Independentes de Traballadores/as) decidiu amosar o seu “apoio moral” á loita dos traballadores/as de Servicarne e anunciou que solicitará unha xuntanza co xerente para reclamarlle que reciba a unha delegación dos representantes sindicais do persoal (CIG).

 

Finalmente, o persoal de Servicarne decidiu suspender a folga até o vindeiro luns, xornada que comezará cunha nova concentración diante das instalacións de Frigolouro ás 5.30 horas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.