Mos
Os membros do Obradoiro de Emprego continúan as actividades de dinamización social
Deseñan, organizan, promoven e realizan iniciativas dirixidas a poboación de todas as idades
![[Img #23708]](upload/img/periodico/img_23708.jpg)
Os alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego Mos coa Mocidade continúan co seu incesante labor de dinamización social organizando e promovendo actividades e iniciativas para a poboación mosense de tódalas idades e intereses. As dúas últimas foron unha ruta de sendeirismo polo Paseo do Louro o pasado sábado 12 de marzo e actividades nos colexios con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller durante as xornadas do 8 e 10 de marzo.
Na andaina polo Paseo do Louro foron 48 os participantes que puideron coñecer a flora e fauna do entorno da ruta de 2.800 metros. Ó remate da ruta fixéronse xogos e actividades deportivas nas pistas do Parque da Pesqueira.
Por outra banda organizáronse tamén a semana pasada actividades nos CEIPs de Mos con motivo do Día da Muller. Dentro das actividades do Obradoiro de Emprego Mos coa Mocidade, impúlsanse unha serie de iniciativas que complementen os recursos escolares e académicos nas horas establecidas na programación xeral dos centros, que se realizan dentro do horario lectivo e tamén iniciativas que se realizan fóra do horario lectivo nos propios centros ou noutras instalacións municipais, tal e como se recolle no proxecto de obras/servizos do Obradoiro de Emprego.
Co motivo do Día da Muller, a especialidade de Servizos Socioculturais do O.E. Mos coa Mocidade participou no CEIP de Petelos cos cursos de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, e no CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda, cos cursos de Educación Infantil (3 , 4 e 5 anos) nas mañás dos días 8 e 10 de marzo, mediante unha posta en escena dun teatriño de monicreques de creación propia (teatriño, marionetas e texto) co que amosar ós nenos/as e nenas una versión en feminino do persoaxe de Tarzán.
O obxectivo desta representación era potenciar condutas, valores, linguaxe… que fomenten a igualdade, solidaridade e cooperación entre ambos sexos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136