Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 19 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

A alcaldesa do Porriño recibe aos traballadores en folga de Frigolouro

Dende o Comité de Empresa aseguran que " non teñen garantidas as vacacións, días de lecer e están sometidos a uns horarios que poden chegar as 12 e 14 horas calquera día da semana, mesmo sábados e domingos".

[Img #23722]

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Industria e Comercio, Marcelino Coto, recibiron este venres a representantes do Comité de Empresa de Frigolouro, que está en folga indefinida dende o pasado xoves, e que acudiron ao encontro acompañados polo secretario comarcal da CIG, Alberte Gonçalvez.

 

Na xuntanza, os traballadores informaron a alcaldesa e ao concelleiro cales son na actualidade as súas condicións laboráis, sinalando que a mayoría deles son autónomos que prestan os seus servizos á empresa Servicarne nunhas condicións laboráis que cualificaron de “insoportabeis”.

 

Eva García de la Torre amosou a súa disposición para poñerse en contacto cos directivos de Frigolouro e transmitirlles a “inquedanza” do Concello polo feito de que a metade da plantilla sexa persoal autónomo que, segundo lle transmitirán os seus delegados, teñen que desenrolar a súa laboura nunha situación de “dificultade extrema”.

 

A alcaldesa diriuxiuse, logo, aos manifestantes que se concentraran diante do Concello para amosarlles o seu apoio e trasladarlles que “non se pode sortear a legalidade infrinxindo dereitos fundamentais”, facendo referencia ao feito de que a maioría dos empregados, como lle expresaran o Comité de Empresa, "non teñen garantidas as vacacións, días de lecer e están sometidos a uns horarios que poden chegar as 12 e 14 horas calquera día da semana, mesmo sábados e domingos".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.