TUI
O Conservatorio de Música de Tui organiza o IV Ciclo de Concertos de Xoves Intérpretes
O próximo mércores presentarase en concerto “O último home de Fukushima” de Karolis Biveinis e en abril celebrarase a “2ª Aula Aberta de Saxofón”.
O luns, 21 de marzo, comezaba o IV Ciclo de Concertos de Xoves Intérpretes organizado polo Conservatorio Profesional de Música e pola Escola de Música de Tui. Conforman este ciclo un total de catro concertos que se celebrarán na sala de audicións do Conservatorio con entrada gratuíta.
Xa no mes de abril celebraranse tres concertos. O luns 18 de abril a cargo de Mónica López Cerqueira á frauta traveseira, Ella Cordon Vieito ao piano e Sara Pumar Lomba, ao clarinete. O 25 de abril actuarán Felipe Fernández Vilanova á trompeta, e Antonio González Uris, ao piano. O cuarto e último dos concertos será o venres, 29 de abril, con José Castro Martínez ao clarinete e Sergio Alonso Pazo á guitarra. Todos os concertos celebraranse na sala de audicións do Conservatorio de Música de Tui ás 20.30h e a entrada é gratuíta.
Concerto presentación de “O último home de Fukushima” de Karolis Biveinis
Por outra banda o vindeiro mércores, 23 de marzo, o Conservatorio organiza un concerto-presentación do traballo discográfico “O último home de Fukushima” do compositor e pianista Károlis Biveinis, que é profesor neste centro de estudos musicais. O Concerto será ás 20h na sala Félix Rodríguez a cargo dos alumnos do Conservatorio Profesional de Tui Juan Paramos, Alberto Bernárdez, Gonzalo González, María Álvarez, Oscar Mirás, Diego Álvarez, Diego Santamaría, Antonio González, Julia Portela i Ella Cordón ao piano; Miguel Bargiela e Néstor Lomba ao saxofón; Julia Rodríguez ao violín; José Castro e Sara Pumar ao clarinete; Alejandra Fernández ao violonchelo; e Sergio Alonso á guitarra. Tamén actuarán coma convidados Irene Cebada ao violín, Jorge Suárez ao violonchelo, Diogo Barreira ao contrabaixo e o profesor Gabriel Silvera á guitarra.
O 1 e 2 de abril celébrase a “2ª Aula aberta de saxofón” a cargo do profesor Rafael Yebra
Para rematar, o Conservatorio Profesional de Música de Tui organiza a "2ª Aula aberta de saxofón", que se celebrará o 1 e 2 de abril, a cargo de Rafael Yebra, profesor no Conservatorio de Música Superior de Vigo. Colaboran na realización deste evento o Concello de Tui e a Asociación Frai Rosendo Salvado. Os interesados poden ampliar esta información ou inscribirse no correo electrónico cmus.profesional.tui@edu.xunta.es, ou persoalmente no Conservatorio Profesional de Música de Tui en horario de oficina.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149