Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 22 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
A Guarda

O Concello da Guarda ten concedido o 35,5 por cento do Plan Concellos 2016 da Deputación

A Xunta de Goberno aprobou o investimento no pavillón de Solanas por valor de 75.000 euros.

A Deputación de Pontevedra xa ten concedido o 35,5 por cento do Plan Concellos 2016 ao Concello da Guarda, que dispón da cantidade total de 712.969,26 euros.

 

A Xunta de Goberno do pasado venres aprobou o primeiro investimento deste plan na Guarda por valor de 75.000 euros para obras no pavillón de Solanas.

 

O concello guardés presentou investimentos por valor de 419.296,87 euros. Entre elas atópase o proxecto de aforro enerxético na iluminación pública; o equipamento deportivo do pavillón Solanas; a ampliación do parque infantil da alameda; o parque de San Lourenzo; mobiliario urbano; a praza de abastos; a adquisición dunha varredora; investimentos no castelo de Santa Cruz; mobiliario na Casa dos Alonsos; reparacións no campo de fútbol municipal;  e a Rampla do Pirum.

 

En total xa ten concedido o 35,5 por cento do total do Plan Concellos 2016, que, no seu caso, ascende a un total de 712.969,26 euros.

 

A Guarda ten concedido o plan de emprego por valor de 160.037,50 euros; e na liña de actividades xa van concedidos 18.239 euros dos 26.736,35 euros totais. Tamén dispón de 106.945,39 euros para amortización de débedas, dos cales 94.104 euros se dedicarán ao pagamento a acredores e 12.840 euros a gasto corrente novo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.