Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 23 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño asinará un convenio con COGAMI para mellorar a accesibilidade

[Img #23760]

 

Adaptar as novas obras que se realicen no Porriño ás necesidades de accesibilidade. Ese é o compromiso adquirido polo Concello coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).


A alcaldesa, Eva García de la Torre, o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, e o concelleiro de Tráfico, Parques e Xardíns, Orlando Márquez, mantiveron unha xuntanza co presidente de COGAMI Galicia, Anxo Queiruga, o da provincia de Pontevedra, Ángel Holguera, e Luisa Miranda, técnica da Área de Accesibilidade da Confederación, xuntanza na que tamén estivo presente Israel Mercader, un dos principais valedores da integración no Porriño.


A reunión foi o anticipo da sinatura dun convenio entre COGAMI e o Concello do Porriño no que o mesmo comprométese a contar co consello técnico de especialistas en accesibilidade desta asociación para que as obras que acometa o goberno local sexan respetosas coa normativa de supresión de barreiras urbanas, tal e como salientou o concelleiro de Vías e Obras.


Pola súa banda, a alcaldesa incidiu no feito de que o obxectivo final é facer "un concello para todos e en beneficio de todos" e lembrou que elo redunda no "beneficio xeral" dos veciños porque, dixo, "calquera de nós podemos ter a necesidade, en calquera momento da vida,de que as beirarrúas, as calzadas e as entradas aos edificios oficiais estean libres de barreiras".


Eva García de la Torre tamén adiantou que o goberno local solicitará a integración do Porriño entre as Cidades Accesíbeis, que ten como finalidade fundamental "facer as cidades máis humanas buscando para elo unha idea de urbanismo no que haxa unha mellor interrelación entre as persoas".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.