Mos
Décimo terceiro aniversario do Torneo Internacional Fútbol Base La Caixa-Concello de Mos
O campionato infantil de fútbol vense celebrando tradicionalmente en Semana Santa no Campo de Fútbol de Cototorrón
![[Img #23781]](upload/img/periodico/img_23781.jpg)
Esta tarde presentouse no Campo de Fútbol de Cototorrón, na parroquia mosense de Tameiga, o XIII Torneo Internacional Fútbol Base La Caixa-Concello de Mos. Á presentación asistiron Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Alberto Méndez, tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Luis Alonso, tamén edil mosense, Patricio Farrapeira, presidente do Club Louro-Tameiga acompañado por outros membros da directiva do club; así coma representantes da Fundación La Caixa e os nenos/as xogadores/as das categorías do Club-Louro Tameiga que participan neste torneo.
O torneo celébrase durante esta Semana Santa, os días 23 (hoxe), 24 (mañá), 25 (venres) e 26 de marzo (sábado), no Campo de Fútbol de Cototorrón e nel participarán un total de máis de 550 rapaces que disputarán un total de 85 partidos. Os cativos participantes neste campionato pertencen ás categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.
O horario do torneo será hoxe de 16.00 horas a 19.00 horas, mañá de 09.00 horas a 20.00 horas, o venres 25 de marzo de 09.00 horas a 20.30 horas e o sábado 26 de 10.00 horas a 13.15 horas (xornada na que se disputarán as finais e os terceiro e cuarto postos da clasificación).
Este torneo está organizado polo Club Louro-Tameiga coa colaboración do Concello de Mos e La Caixa, patrocinadores deste evento deportivo durante o seus trece anos de historia no municipio mosense. Trátase dun torneo federado pola Federación Galega de Fútbol e a Federación Española de Fútbol, e será ademais arbitrado por árbitros tamén federados.
Os equipos que competirán estes días en Cototorrón, cada un con diversas categorías, son: o anfitrión Club Louro-Tameiga, a Unión Deportiva Mos, U.D. Santa Mariña, E.D.M. Salceda, Independiente C.F., C.D. Coia, U.D. Atios, Cultural Areas, S.D. Monteporreiro,‘Escuelas de Fútbol Portero 2000’, U.D. Friestense (Portugal) e Desportivo Monçao (Portugal). Un total de 12 clubes participarán neste evento deportivo no que os cativos poderán disfrutar duns días de competición, convivencia e deporte.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136