MOS
Mos acometerá no verán unha senda que transcorrerá pola estrada Porriño-Gondomar
Inclúese no Plan de Sendas de Galicia e supera o quilómetro de lonxitude.
![[Img #23796]](upload/img/periodico/img_23796.jpg)
Mos contará cunha senda segura, sustentable e integrada na paisaxe, de máis dun quilómetro de lonxitude incluída no novo Plan de Sendas de Galicia. A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, informou hoxe de que dende o Concello tense prevista a próxima construcción dun itinerario peonil na zona de Atín, parroquia de Cela, concretamente na estrada que vai de Torneiros a Gondomar (PO-331).
A senda de Mos terá 1.100 metros de lonxitude, situarase na estrada PO-331, Torneiros-Gondomar, entre os puntos quilométricos 1+900 ao 3+000, pasará polos Concellos de Porriño e Mos e contará cun investimento de 260.000 euros subvencionado pola consellería de Infraestruturas e Vivenda.
A senda prevista dará continuidade ás aceras existentes na estrada, pola súa marxe esquerda, desde o PK 1+850 (situado nas proximidades do Colexio Santo Tomás na localidade do Porriño) ata a intersección existente coa estrada a Pereiras – Tameiga (no municipio de Mos). A poucos metros desta intersección atópase o Colexio de Educación Infantil e Primaria de Atín, polo que coa execución da senda existirá un itinerario peonil continuo polas dúas marxes da estrada, que comunicará os dous centros de ensino co termo municipal do Porriño.
Neste tramo de estrada, ademais dos centros escolares mencionados, existe un número significativo de vivendas nas marxes, cuxos habitantes veranse tamén beneficiados por esta actuación.
O propósito fundamental desta senda é promover itinerarios peonís útiles e saudables, ao percorrer a distancia entre os núcleos urbanos e os centros de equipamentos e servizos como son as escolas anteriormente mencionadas.
Está previsto que o proxecto quede rematado nas vindeiras semanas e que os traballos de acometida desta senda comecen antes do remate do próximo verán para que os veciños/as mosenses e porriñeses habitantes da zona da estrada que vai a Gondomar poidan ter, canto antes, unha senda integrada na paisaxe para realizar os seus itinerarios habituais.
Esta senda suporá beneficios para as persoas, ao velar pola súa seguridade e tratar de fomentar hábitos máis saudables; beneficios para ambas vilas implicadas: O Porriño e Mos, significando menor conxestión de vehículos e novos espazos de tránsito peonil; e beneficios para o medio natural, garantindo menos contaminación acústica e mellora da calidade do aire, ao reducir a emisión de gas.
A senda contará cun deseño que conxuga identidade, seguridade, durabilidade e integración paisaxística. Os elementos presentes na citada infraestrutura viaria son o pavimento integrado, bordo con sinalización, separador verde e a gabia de seguridade.
Esta iniciativa enmárcase no Plan autonómico de Seguridade Viaria 2016-2020 aprobado o pasado mes de febreiro e alíñase cos obxectivos da Estratexia Europea 2020, e polo tanto recollidos no Plan Estratéxico 2015-2020 de Galicia, en canto á promoción dunha economía baixa en carbono e fomento da mobilidade sustentable.
As sendas do Plan de Sendas de Galicia construiranse nas marxes das estradas de titularidade autonómica coa fin de incrementar a seguridade daqueles usuarios máis vulnerables, como son os peóns e os ciclistas.
O Plan elaborouse partindo dunha análise global e atendendo a factores como: a situación dos núcleos de poboación, os servizos e os equipamentos, o tráfico e a sinistralidade que rexistra cada treito da estrada, a orografía e as pendentes do terreo, o clima, a facilidade de implantación, e a posibilidade de conectar con percorridos xa existentes
O citado Plan procura dous obxectivos prioritarios: protexer e incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, os usuarios máis vulnerables das estradas; e promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo desprazamentos alternativos á utilización do vehículo particular.
Para definir este plan de actuación, o Goberno galego realizou unha análise integral do territorio para o seu desenvolvemento por fases, priorizando as comarcas nas que actuar dacordo con criterios de poboación, tráfico, sinistralidade, orografía e clima; e entre os municipios prioritarios na provincia de Pontevedra atópase o de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180