GALICIA
Feijóo traslada o sentir e a conmoción de todo o pobo galego ante os atentados ocorridos onte en Bruxelas
“Máis ca nunca como galegos, como españois e como europeos cremos na liberdade”, di.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou hoxe o sentir e a conmoción de todo o pobo galego ante os atentados ocorridos onte en Bruxelas.
O titular da Xunta, que este mediodía presidiu o minuto de silencio convocado en memoria das vítimas, afirmou que “máis ca nunca como galegos, como españois e como europeos cremos na liberdade”, ao que expresou a necesidade de estar unidos “para combater a ameaza de quen pretende coartarnos esa liberdade e de quen quere dividirnos”.
Expresa a necesidade de estar unidos “para combater a ameaza de quen pretende coartarnos esa liberdade e de quen quere dividirnos”
Feijóo afirmou que o sentir maioritario do pobo galego é seguir vivindo e convivindo nun ámbito de liberdades e nun Estado de Dereito; “e, por suposto, —abondou— non podemos aceptar, de ningún xeito, calquera fanatismo criminal que poida acabar coa vida de cidadáns inocentes, neste caso, na cidade das institucións europeas en Bruxelas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136