Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 28 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O goberno pretende consensuar os orzamentos co resto de grupos da Corporación

Despois da primeira reunión celebrada a pasada semana, facilitarán toda a información solicitada e manterán os encontros necesarios para pechar un documento co máximo consenso.

Entre as novidades que presenta o borrador do goberno de Ponteareas están as partidas para o emprego e o incremento das axudas sociais.


O goberno facilitará a información solicitada e manterá novos encontros despois de semana santa para lograr o consenso antes de convocar o Pleno e facilitar a participación de todos os grupos. O portavoz de ACIP non puido asistir a esta reunión.


A presentación dos orzamentos de 2016 para o seu debate no Salón de Plenos da corporación ponteareá está cada vez máis cerca. O executivo local, no seu afán por aprobar un documento que conte co maior respaldo posible, mantivo unha primeira reunión cos diferentes grupos da Corporación, agás ACIP que non puido asistir, e facilitará toda a información e manterá os encontros necesarios para pechar un documento co máximo consenso, de xeito que o mesmo poida ser aprobado no Pleno nas vindeiras semanas.


“Dentro das limitacións económicas do Concello de Ponteareas, son uns orzamentos centrados no que é máis importante neste momento: a creación de emprego e o benestar das persoas”, manifestou o alcalde Ponteareas, Xosé Represas


Trátase dun orzamento que permitirá “deixar atrás a desorde contable propia dun concello que non aproba un presuposto dende hai 5 anos, e que conta con importantes partidas económicas destinadas a paliar dous dos principais problemas do municipio, como son os casos de persoas en risco de exclusión social (a cantidade prevista para emerxencia social pasa de 60.000 a 90.000 euros), mentres que o importe total dos distintos departamentos de servizos sociais acada os 950.000 euros. Outras das novidades é o fomento do emprego (50.000 euros para subvencionar a creación de postos de traballo)”.


Dentro do documento proposto polo Goberno Local tamén se contemplan partidas económicas para a realización dos proxectos do que Ponteareas precisa para os vindeiros anos. “Adicaremos unha parte do orzamento a redactar plans e proxectos que recollan as actuacións que hai que realizar en Ponteareas, o que nos van custar e en canto tempo poderemos executalas para acabar coa improvisación e o gasto público sen rigor”, manifestou o alcalde ponteareán Xosé Represas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.