Miércoles, 15 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 30 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Xosé Leal: "Temos que tomar conciencia de que na política todos e todas debemos ser partícipes"

O deputado provincial de Cultura e Lingua sinalou a necesidade de "reflexionar sobre a política como maneira de relacionarse coa sociedade" durante a inauguración da XXIII Semana Galega da Filosofía.

[Img #23827]

 

Debemos aproveitar estas xornadas para reflexionar, tanto a través dos relatores como a través das reflexións que emanen das persoas que asistides, porque temos que tomar conciencia de que a política a temos que facer entre todas e todos, que todas as persoas debemos ser partícipes e que a política se fai desde abaixo" sinalou Xosé Leal durante a súa intervención na apertura da XXXIII Semana Galega de Filosofía, que nesta edición leva por título 'Filosofía e Política'.  A xornada inaugural estivo presidida polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e contou coa presenza do decano do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra, Alberte Lastres, do deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, e da presidenta da entidade organizadora, a Aula Castelao, Ana Regueira.

 

Sobre o tema escollido, o deputado de Cultura e Lingua tamén salientou que "é moi relevante, e máis nos tempos que corren agora mesmo, que os que nos dedicamos á política botamos en falta unha reflexión sobre a política como maneira de relacionarnos coa sociedade". Neste sentido, Xosé Leal tamén fixo referencia a novos conceptos que se están usando para referirse á actividade política aducindo que "hoxe en fía fálase moito de vella e nova política, de termos como 'casta', pero o que fai falta é unha ferramenta que aborde a política como un elemento transformador da sociedade, sobre todo no momento no que nos atopamos actualmente no que é moi necesaria esa transformación".

 

Por último,  o deputado de Cultura e Lingua tamén fixo unha referencia á conexión co Ano Castelao afirmando que " é un orgullo que Castelao estea presente  nestas xornadas, porque a súa figura como artista e a influenza do seu pensamento son o eixo vertebral da actividade cultural que levaremos aos concellos da provincia durante este ano".

 

As charlas da Semana Galega de Filosofía están abertas ao público, e celébranse durante toda a semana no Teatro Principal de Pontevedra.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.