Sábado, 18 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 30 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello de Mos inicia un proxecto de colaboración coa Universidade a Distancia

O primeiro paso foi a sinatura dun convenio para a realización de prácticas de alumnos polo que unha becaria comezará a traballar en breve na Axencia de Colocación.

[Img #23846]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, informaron de que a administración local mosense ven de asinar un convenio coa UNED para a realización de prácticas de alumnos na Axencia de Colocación.

 

Gracias a dito convenio unha becaria comezará próximamente a traballar como apoio ao Servizo de Asesoramento a Emprendedores. A propia estudiante seleccionou o Concello de Mos, entre varias opcións, debido ó alcance das políticas municipais activas de emprego, e a actividade relacionada co emprego e o desenvolvemento local que se realizan dende a Axencia de Colocación mosense. O seu proxecto final do curso está relacionado co emprendemento, a promoción económica local e a creación de redes sociais para o desenvolvemento.

 

O convenio de prácticas extracurriculares foi asinado o pasado 11 de marzo pola alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo, e a Vicerreitora de Formación Permanente da UNED, Mª del Carmen García Alonso.

 

Dito convenio senta as bases para o concerto de prácticas de alumnos/as da Universidade a Distancia en apoio ao Servizo Municipal de Asesoramento a Emprendedores na xestión de programas de fomento do emprego, formación e de voluntariado, intermediación laboral na Axencia de Colocación, apoio nas redes sociáis e publicidade das actividades realizadas polo departamento.

 

Este convenio marco é de cooperación educativa para os estudiantes de diplomaturas, enxeñerías técnicas, licenciaturas, enxeñerías, grados, másteres oficiais e títulos propios, entre a institución pública Concello de Mos, e a Universidade Nacional de Educación a Distancia co fin de complementar a formación teórica dos seus estudos.

 

Ó finalizar o período de realización das prácticas, Concello de Mos e UNED entregarán ó estudiante un certificado.

 

A realización de prácticas polos estudiantes suporá a convalidación de créditos sempre e cando estea contemplado no correspondente plan de estudos.

 

As prácticas extracurriculares na administración local son o primeiro paso dun proxecto de colaboración sen precedentes coa UNED, segundo explicaba esta mañá o edil Óscar Soto, quen tamén avanzou que espera que “este sexa só o principio de futuras iniciativas comúns en aras de dar oportunidades prelaborais ós alumnos/as, mellorar o servizo prestado pola Axencia de Colocación e, en definitiva, implementar as políticas municipais de emprego por un Mos económica e laboralmente máis próspero”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.