PROVINCIA
A Deputación asina co Pontevedra Club de Fútbol o convenio de colaboración para o fomento do deporte
Carmela Silva rubricou, en presenza do alcalde Fernández Lores, o acordo coa presidenta da entidade deportiva Guadalupe Murillo.
![[Img #23840]](upload/img/periodico/img_23840.jpg)
A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, asinou onte o convenio de colaboración coa Presidenta do Pontevedra Club de Fútbol, Guadalupe Murillo, en presenza do alcalde da cidade Miguel Anxo Fernández Lores.
O acordo recolle a aportación económica da Deputación por valor de 160.000 euros para a presente tempada e a cambio o club comprométese a que o logotipo da institución luza na súa equipación do primeiro equipo e no campo de Pasarón ademais de ofrecer aos concellos da provincia entradas para os partidos o través das escolas deportivas municipais para as categorías inferiores.
Carmela Silva indicou que este convenio, ao igual que os outros acadados cos equipos de elite de toda a provincia, son fundamentais na política deportiva da institución provincial “xa que é un dos servizos máis demandados polos cidadáns xa que non só e apoiar a un equipo senón é apostar por unha forma de vida saudábel para toda a sociedade e un xeito de apoiar a economía das localidades”.
A presidenta da Deputación subliñou que a firma deste convenio no concello de Pontevedra, en presenza do seu alcalde, é porque a institución provincial “considera que os protagonistas da acción local son os propios alcaldes e alcaldesas e os concellos. Nos queremos tamén que quede claro que ese é o compromiso da nova Deputación cos concellos”.
Por último, Carmela Silva destacou que este apoio vai ser unha constante nos próximos anos e chegou a anunciar “que como ó Pontevedra nos vai dar moitas alegrías nestes anos incluso teremos que ampliar este apoio”.
Pola súa banda, a presidenta do Pontevedra Club de Fútbol agradeceu a promesa de Carmela Silva que “dende o primeiro día, nada máis chegar o cargo, nos transmitiu o seu apoio e o seu compromiso co Pontevedra que naquel momento nos tranquilizou e hoxe, finalmente, trasladamos ao novo convenio”.
Pola súa banda, o alcalde Fernández Lores, agradeceu tamén a Carmela Silva a súa deferencia por rubricar este convenio co Pontevedra Club de Fútbol no concello polo que este equipo representa para a cidade e que espera “que este apoio económico da Deputación sirva para que o equipo siga medrando en categorías e que incluso, algún día, poda estar competindo co Celta”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149