Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 03 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O Concello de Salceda facilita os pagos dos recibos de Catastro

[Img #23855]O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellería de Facenda que dirixe Jose Luis González, ven de informar das facilidades que pon a disposición dos veciños e veciñas para realizar os pagos dos recibos do ORAL que están a recibir estes días despois do Proceso de Regularización catastral levado a cabo pola Delegación de Catastro do Ministerio de Facenda. Así, as débedas de ata 600 € poderán fraccionarse ata nun máximo de 6 meses, as débedas de 601 a 2.400 € ata 10 meses, as débedas de 2.400 a 6.000 € nun máximo de 15 meses, e a partires de 6.000 € as débedas poderán dividirse ata en 18 meses. O Concello facilita esta medida conscientes da dificultade que para moitas familias pode supoñer o ter que facer frente ao pagamento das cantidades que se lles reclaman.

 

Lembran dende o Concello de Salceda que a revisión dos bens inmobles iniciouse no 2013 polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas en todo o territorio español, e culmina neste ano 2016. O Estado trata así de detectar as melloras, ampliacións e novas edificacións realizadas polos veciños e veciñas, co obxectivo de que o Catastro teña información das modificacións realizadas e que, polo tanto, os seus propietarios paguen por elas. A ferramenta empregada, ademáis do traballo de campo realizado, foi a das ortofotos, é decir, imaxes aéreas que reflicten os cambios realizados. Lembran tamén dende o Concello que hai xente que xa leva tempo pagando por todo o que ten (piscinas, galpóns, porches, bodegas, etc). Esta  regularización corrixe estas desigualdades con respecto ós veciños e veciñas que xa estaban pagando por todo o que tiñan con respecto aos que non o facían. Lembran ademáis dende o Concello, que con este proceso evítanse as multas que poderían ter que afrontar os propietarios por non ter declaradas estas edificacións no rexistro do Catastro tal e como obriga a lei.

 

Tras a regularización levada a cabo, agora os propietarios están a recibir nas súas vivendas os recibos do ORAL dos últimos catro anos (os anteriores prescribiron), polo que o Concello de Salceda se suma ás medidas de fraccionamento posibles para facilitar o pago dos mesmos aos seus veciños e veciñas. Para elo, os afectados poden dirixirse á oficina habilitada para os temas relacionados con Catastro, no segundo andar da Casa do Concello.

 

Jose Luis González, Concelleiro de Facenda: “Estamos ante un proceso do Ministerio de Facenda que afecta a grande parte dos nosos veciños e veciñas, sobre todo os habitantes do rural e que corrixe as desigualdades entre uns e outros. Poremos todas as ferramentas que a lei nos permita a disposición dos veciños e veciñas de Salceda para que estes e outros pagamentos desequilibren na menor medida posible as economías familiares”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.