Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 30 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Roi Groba será o pregoeiro do Corpus 2016

O xornalista ponteareán de RTVE será o encargado de inaugurar a maior festividade de Ponteareas.

[Img #23865]

 

A Xunta de Goberno Local aprobou por unanimidade a designación de Roi Groba como pregoeiro das Festas do Corpus Christi 2016 en Ponteareas. O xornalista ponteareán de 35 anos, actualmente presentador da sección deportiva nos informativos matinais, conta xa cunha longa traxectoria na radio televisión pública estatal. Un “comunicador con moito talento, novo e con formidable proxección dentro dunha das canles televisivas de referencia no eido internacional, que de seguro nos axudará a seguir levando o Corpus a aqueles lugares onde aínda non sexa tan coñecido”, asegurou o alcalde, Xosé Represas.


Inicios
Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid no ano 2001, empezou a traballar dende antes de rematar a carreira, xa no terceiro curso, con pequenas colaboracións (Radio Complutense, Diario Ya), ata que entrou en Radio Intereconomía, como redactor de informativos. Da radio cambou á televisión, onde presentou programas bolsistas así como informativos financeiros e económicos. Ao longo neses anos tamén fixo colaboracións coa Televisión de Galicia como guionista e locutor do programa “Economía Útil”.


Etapa en RTVE
No ano 2008 aprobou as oposicións a RTVE, obtendo praza en Radio Nacional de España e en Televisión Española. O seu primeiro ano na Corporación traballou en RNE-Toledo, onde editou e presentou o Informativo Rexional para Castela-A Mancha. En 2009 pasou ao Centro Territorial de TVE en Castela-A Mancha, onde traballou como redactor dos servizos informativos de TVE ata o ano 2011.


Coa posta en marcha do novo programa de TVE “+Gente” entrou a formar parte da redacción de Prado do Rei, en Madrid. Primeiro, en 2011 como redactor, e en 2012, coa renovación do espazo, como presentador do programa xunto a Anne Igartiburu,  na que sería a súa “experiencia profesional máis importante, esixente e apaixonante”, recoñece Groba.  


Un ano despois deu o salto á redacción de informativos de Torrespaña, como editor e presentador da sección de deportes do Telediario Matinal (de luns a venres, de 6’30 a 8’30h), cunha pequena intervención diaria tamén nos “Desayunos de TVE”, resumindo a actualidade deportiva do día. Nese cometido cumpre actualmente a súa terceira tempada.


Vínculo con Ponteareas
O seu vínculo con Ponteareas vén “polo sangue e polo sentimental”; toda a miña familia provén da Vila do Corpus”, afirma o xornalista. O seu pai –Manuel-, é natural de Guláns. O seu avó paterno era Alfredo “da Almuíña”, gaiteiro moi lembrado na parroquia. E a súa nai –Maricarmen-, é de Xinzo, filla de Manolo “do Rochiña”, garda forestal da zona.


“O meu pai marchou a traballar a Madrid antes de que eu nacera, así que eu son -como se adoita dicir-, fillo da emigración. Pero a pesar da distancia física, toda a miña vida me sentín moi preto de Xinzo, Guláns, Ponteareas e das súas xentes. A nosa casa en Madrid foi sempre un pequeno reduto ponteareán, onde sempre se falou en galego, e onde os costumes, celebracións e idiosincrasia sempre foron as de aquí, non as de alá”, asegurou o propio Groba.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.