Jueves, 16 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 31 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

A aprobación definitiva do PXOM que porá fin as normas subsidiarias vixentes dende 1992

Xunta e concello analizaron a documentación que foi requirida o pasado 7 de marzo para iniciar o estudo do PXOM cara a aprobación definitiva

[Img #23888]

 

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para analizar o estado actual da tramitación do PXOM, que foi achegado polo concello para a súa aprobación definitiva o pasado 19 de xaneiro.

 

Encarnación Rivas trasladoulle á rexedora municipal que agora a Xunta dispón dun prazo dun mes para comprobar a integridade documental do expediente administrativo e do proxecto presentado. Tamén lle indicou que a Administración galega terá tres meses para estudar o PXOM, período que empeza a contar unha vez que este completo.

 

Cómpre destacar que o Plan xeral foi aprobado provisionalmente o pasado  30 de decembro de 2015 e porá fin ás Normas Subsidiarias de Planeamento vixentes dende outubro de 1992.

 

A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico deste documento que planificará o desenvolvemento do concello nos vindeiros 12 anos, para o cal concedeu axudas por importe de 200.000 euros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.