Miércoles, 15 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 03 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Xunta e Concello analizan a derradeira documentación para a aprobación definitiva do PXOM

A alcaldesa, Nidia Arévalo, reuniuse esta semana en Santiago coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

[Img #23903]

 

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo esta semana unha reunión de traballo coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Urbanismo mosense, Julia Loureiro, os arquitecto, secretaria e xurídico municipais, e o equipo redactor do Plan Xeral para analizar o estado actual da tramitación do PXOM, que foi achegado polo Concello para aprobación definitiva o pasado 19 de xaneiro, tras a súa aprobación provisional no Pleno ordinario de decembro do pasado ano 2015.

 

Previo á súa aprobación provisional  e en canto á materia ambiental, o PXOM seguiu o procedemento rigoroso de acordo á lei vixente, contando coa memoria ambiental favorable, así como cun total de 32 informes sectoriais favorables tamén.

 

Encarnación Rivas trasladoulle á rexedora municipal que agora a Xunta dispón dun prazo dun mes para comprobar a integridade documental do expediente administrativo e do proxecto presentado. Tamén lle indicou que a Administración galega dispón dun prazo de tres meses para estudar o PXOM, período que empeza a contar unha vez que estea completo.

 

Cómpre destacar que, como xa se dixo, o Plan Xeral foi aprobado provisionalmente o pasado 30 de decembro 2015 e constitúe un documento que porá fin ás Normas Subsidiarias de Planeamento vixentes dende outubro de 1992.

 

A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico deste documento que planificará o desenvolvemento do Concello mosense nos vindeiros 12 anos, para o cal concedeu axudas por importe de 200.000 euros.

 

A representante da Xunta constatou o impulso que recibiu o PXOM, que levaba contratado dende 2007 e foi aprobado inicialmente en outubro de 2012 polo actual goberno municipal.

 

Dende entón someteuse a información pública, aceptándose máis do 60 % das alegacións presentadas, que supuxeron a reorientación do modelo de ordenación previsto inicialmente co fin de concentrar o crecemento nos núcleos rurais. A este respecto a rexedora local mosense declarou que “o PXOM mosense é o mellor Plan Xeral que Mos podería ter, porque nel se tiveron en conta ós veciños, cos que se chegou a un consenso”.

 

Trátase dun Plan Xeral que se fai eco das demandas do veciños e veciñas de Mos. Por exemplo, no caso do núcleo das Pozas rebaixouse a edificabilidade para que os núcleos rurais poidan medrar máis. “Percatámonos de que a maior preocupación da poboación mosense era a expansión dos núcleos rurais, pois os veciños de Mos desexan continuar a vivir en vivendas unifamiliares e non en edificios de pisos, por iso aínda que o casco urbano nas Pozas vai existir igualmente, terá un crecemento máis lento e de xeito menos explosivo; tal e como os propios veciños solicitaron”, insiste Arévalo.

 

Xunta e Concello analizaron na xuntanza de hoxe a documentación que lle foi requirida ó segundo o pasado 7 de marzo, en aras de iniciar o estudo do PXOM cara a aprobación definitiva.

 

O último retraso na aprobación provisional do PXOM producírase pola eliminación do trazado da nova autovía Vigo-Porriño, que foi unha gran boa nova para todos os veciños e veciñas de Mos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.