MOS
Mos sacará próximamente a licitación o transporte municipal
Dende o Concello estímase que estará en funcionamento de cara ó vindeiro verán.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente mosense, Julia Loureiro, e os xurídico e secretaria municipais reuníronse esta semana en Santiago de Compostela coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, e a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas de Santos, para ultimar os trámites previos á posta en marcha do Plan Municipal de Transporte.
Durante a xuntanza abordáronse as alternativas posibles tratando de buscar a máis óptima para que o Plan Municipal de Transporte sexa unha realidade canto antes e o inicio do seu funcionamento se demore o menos posible no tempo. Deste xeito técnicos e representantes políticos de ambas administración, local e autonómica, constituíron unha mesa de traballo matinal durante a xornada de onte para tratar de deseñar a estratexia máis eficaz e rápida para poñer en marcha canto antes o transporte municipal.
O paso a dar a continuación é sacar a licitación a concesión, para que tódalas empresas que estean interesadas en optar a xestionar o transporte municipal mosense poidan presentar as súas ofertas culminando coa contratación dunha delas como concesionaria e poñendo en marcha, a continuación, o devandito servizo de transporte; que dende a administración local estímase que será de cara ao vindeiro verán.
O proxecto inicial do transporte municipal presentado polo Concello de Mos consiste nun sistema de buses lanzadeira distrubuídos en dúas liñas que comuniquen as dez parroquias mosenses entre sí e coas paradas do Transporte Metropolitano sitas en Puxeiros, Peinador, Tameiga, Sanguiñeda e San Cosme en Cela; o que lles permitirá ós veciños e veciñas de calquera punto da localidade mosense desprazarse no transporte público en igualdade de condicións. Ademais este servizo comunicará cos principais puntos de interese e afluencia vecinal do municipio que son o Centro de Saúde do Rebullón, o Instituto nas Pozas e o Pavillón Óscar Pereiro nas Pozas tamén.
“Este plan correspóndese ó proxecto de transporte municipal que o Partido Popular de Mos presentou como parte do seu programa electoral nos pasados comicios locais”, segundo declaraba a rexedora mosense.
Sobre este Plan de Transporte Municipal Arévalo explicou que constará dun autobús lanzadeira de liña circular que comunicará as 10 parroquias mosenses entre sí e cos puntos de enlace co Transporte Metropolitano, para poder desplazarse ata calquera dos municipios da área.
Ademais de comunicar as 10 parroquias entre sí esta liña comunica a tódalas parroquias mosenses coas zonas de intercambio co Transporte Metropolitano que une Mos coas demais localidades da Área Metropolitana.
Neste sentido, Arévalo destacou a importancia deste plan que conectará as parroquias sen servizo coas paradas do Transporte Metropolitano, garantindo deste xeito a mobilidade de todas as parroquias tanto entre elas como con outros concellos metropolitanos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136